7ª POSICIÓN NA FASE DE ASCENSO NACIONAL

O CW Santiago desprazouse esta ponte de Maio a Pamplona para disputar a fase de Ascenso a 2ª División Nacional con grande ilusión e ganas de disputar a calquera equipo os partidos a disputar. InicioU a fase contra o campión da liga vasca. Loitou e aguantou dentro do partido ata finais do terceiro cuarto, onde os nosos xogadores pouco afeitos a partidos deste nivel, baixaron o físico e rematou cunha derrota por 13 a 4, moito máis avultada do merecido.
O sábado pola mañá, tocaba xogar contra o outro equipo vasco do grupo AskartzaB” (ao final campión e subcampión da fase). Tamén saíron os nosos con ganas, e xogando de ti a ti a un equipo novo, pero con gran ritmo de xogo, o cal superou aos santiagueses por un claro 13 a 3. Aínda que menos, tamén conseguiron os nosos aguantar dous cuartos de ti a ti, pero a pouca efectividade en ataque, sobre todo nas superioridades, propiciou que no segundo cuarto xa tivisen unha vantaxe de 5 goles. Ao final, o encontro rematou cun claro 13 a 3.
Por último, o sábado pola tarde enfrontábanse os dous equipos galegos participantes na fase. Natación Coruña templou máis os nervios, e nun partido moi igualado, rematou levándose a vitoria a falta de catro segundos por 10 a 9.

Despois destes resultados, nosos xogadores loitaron polo 5º ao 8º lugar o domingo. O primeiro enfrontamento foi ante C.D.N. BIDASOA XXI, terceiro clasificado do grupo A. No peor encontro da fase, os santiagueses perderon por 15 goles a 11, un partido que practicamente resolveron os xogadores irundarras na metade do mesmo, ao cal se chegou cun resultado de 10 a 4. Aínda que co partido practicamente sentenciado, os nosos non baixaron os brazos e leváronse o marcador a favor, o que propicio ese resultado final que soubo premiar o esforzo dos nosos.

O domingo pola tarde tocaba xogar pola sétima praza ante Natación Coruña, partido no cal os nosos xogadores devolveron a moeda aos coruñeses pola derrota na fase de grupos, e venceron por un axustado 10 a 9, nun partido onde sempre foron os santiagueses por diante no marcador e que premiou aos nosos polo esforzo realizado durante todo o campionato. Sacando conclusións positivas, dunha fase que acabou levándose os mozos de AskartzaB” nunha emocionante final ante a UPNA por un axustado 11 a 10.

FASE DO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE 3ª DIVISION FINAL- GRUPO B

 

1ª XORNADA GRUPO B

UPNA WP9802 – CW SANTIAGO 13-4 (1-0; 3-2; 4-1; 5-1)

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez, Jesus Montoiro, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (2), Brais Raposo, Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez, Angel Carro (1), Bruno Sampaño, Adrian Campaña, Mateo Raposo

2ª XORNADA GRUPO B

C ASKARTZA CLARET “B” – CW SANTIAGO 13-3 (2-1; 4-0; 2-1; 5-1)

 

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez, Jesus Montoiro, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (1), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño, Pablo Suarez (1), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrian Campaña, Mateo Raposo

3ª XORNADA GRUPO B

CN CORUÑA – CW SANTIAGO 10-9 (2-1; 2-3; 4-2; 2-3)

 

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez, Jesus Montoiro, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (4), Brais Raposo (2), Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez (1), Angel Carro (1), Bruno Sampaño, Adrian Campaña, Mateo Raposo

 

SEMIFINAL 5º-8º POSTO

 

C.D.N. BIDASOA XXI – CW SANTIAGO 15 – 11 (5-2; 5-2; 4-4; 1-3)

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez, Jesus Montoiro, Luis Ferrer (1), Pablo Piñeiro (5), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (3), Pablo Suarez (1), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrian Campaña, Mateo Raposo

7ª-8ª POSTO

 

CN CORUÑA – CW SANTIAGO 9-10 (1-3; 3-2; 3-3; 2-2)

 

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez (1), Jesus Montoiro, Luis Ferrer (2), Pablo Piñeiro (1), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (3), Pablo Suarez), Angel Carro (2), Bruno Sampaño, Adrian Campaña, Mateo Raposo

CLASIFICACIÓN FINAL


1º C. ASKARTZA CLARET B
2º WP. 98-02
             3º C.N. TRES CANTOS B
4º C.D. WATERPOLO NAVARRA C
5º A.R. CONCEPCION-CIUDAD LINEAL B
6º C.D.N. BIDASOA XXI
7º C.W. SANTIAGO
8º C.N. CORUÑA
9º LEIOA I.T.

 CWS logo corregido

 

  11139400_1440880222890562_6903847391845282139_n 11178333_1626246784263434_184604209979409964_n

DERROTA NOS PENALTIS NO SEGUNDO PARTIDO DO PLAY OFF

O segundo partido do play off semifinal, entre CW Santiago e CWG Pontevedra, era a primeira oportunidade para os santiagueses de saldar o enfrontamento entre segundo e terceiro clasificado da liga galega. Partido que ao final se levou o equipo de Pontevedra, que soubo estar máis atinado na quenda de penaltis despois de rematar en táboas o encontro. Iso sÍ, sempre dominado polos pontevedreses, aínda que con vantaxes mínimas, que lles deu o empate na eliminatoria e que se resolverá o próximo día 9 co partido de desempate, que decidirá quen dos dous equipos se enfronta a Natación Coruña na final.
O partido comezou con gol do equipo visitante, que a partir de aí sempre levou a iniciativa, concedendo como moito que os santiagueses empatasen, pero que nunca se puxesen por diante no marcador indo sempre a remolque. Os erros defensivos dos santiagueses, algo que deberán mellorar no próximo partido, daban sempre ao equipo pontevedrés opción de colocarse por enriba no marcador. Cousa que soubo aproveitar cun xogo moito máis pausado e que ao final lles fixo merecedor da vitoria nunha quenda de penaltis na que o porteiro pontevedrés paro dous lanzamentos, e sen erros nos seus lanzamentos. Destacar tamén a fe dos santiagueses que nunca baixaron os brazos, e que a falta de dezasete segundos para a conclusión do partido, perdían de dous goles e conseguiron empatar para provocar a quenda de definitiva de penaltis.

2º PARTIDO PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALEGA 1ªDIVISION

CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA 13 – 16 (2-2; 4-4; 2-4; 4-2) PENALTIS 1-3

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Ramón Turnes, Fernando Mayer, Luis Ferrer (3), Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo, Antonio Caamaño (2), Pablo Suárez (3), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrián Campaña (1), Mateo Raposo.

AVISO IMPORTANTE

POLA DISPUTA DO PLAY OFF SEMIFINAL DA LIGA GALEGA ABSOLUTA, EN HORARIO DE 12.15 H. A 15 H., O PRÓXIMO SÁBADO DÍA 25 ABRIL QUEDA SUSPENDIDO O ADESTRAMENTO

COMEZO DO PLAY OFF CON VITORIA A DOMICILIO

Comezaron os play off na Liga Galega Absoluta de primeira división coa semifinal, que enfrontaba a CWGPontevedra e CW Santiago. Primeiro partido xogado na casa do equipo pontevedrés, e que rematou con vitoria do equipo santiagués por un axustado 11 a 13, nunha semifinal que se prevía igualada e que como cabía esperar así aconteceu nun partido cheo de alternativas. Partido que se decidiu no terceiro cuarto despois dun parcial de 1 a 6 que levou aos santiagueses a entrar no último cuarto con tres goles de vantaxe que soubo manter ata o final. Ata aí foi un partido cheo de alternativas, xa que despois dun inicio fulgurante dos santiagueses, que se escaparon cun parcial de 1 a 4 nos primeiros cinco minutos, dous erros defensivos e unha inferioridade mal defendida deu un marcador de 4 a 4 no primeiro cuarto. O segundo cuarto seguiu coa mesma tónica, e despois do empate a 6, un estirón dos xogadores pontevedreses fíxolles escapar dous goles arriba ao descanso (8 a 6). Despois dos minutos de descanso, o inicio do terceiro cuarto supoñíase importante como así aconteceu. Os santiagueses melloraron defensivamente asfixiando os xogadores de Pontevedra e acertando en ataque, deixando o partido tres goles arriba despois dun parcial de 1 a 6, para manter o resultado no último cuarto, que cun parcial de 2 a 1, deixando o resultado final no definitivo 11 a 13, que dá a primeira vitoria ao equipo santiagués. O próximo envite o sábado 18 de abril ás 17 h na piscina de Sta. Isabel.

 

PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA

 CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO     11 – 13 (4-4; 4-2; 1-6; 2-1)

 CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Ramón Turnes (1), Jacobo Pérez, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (9), Brais Raposo, Antonio Caamaño, Pablo Suárez (2), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrián Campaña (1), Jesús Montoiro.

CONVOCATORIA DO EQUIPO ALEVÍN PARA ESTE SÁBADO DÍA 18 DE ABRIL

Comunícase a convocatoria do equipo alevín para este sábado día 18 de Abril segundo as seguintes ordes:

CW SANTIAGO – CN CORUÑA

Categoría: ALEVÍN

Día: 18 de Abril de 2015

Hora: 18:30 h.

Piscina: Piscina Santa Isabel

Convocados: ás 17:15 h na Piscina de Santa Isabel

XOGADORES CONVOCADOS

1. ROBERTO CARRO

2. LUIS GUILBERT

3. SANTI ESTURAO

4. GABRIEL LESENDE

5. MIGUEL BARCA

6. MAURO RODRÍGUEZ

7. REBECA GOTHLIN

8. NEREA CARRILLO

9. IAGO OTERO

10. IAGO GARABATO

11. ANXO PANERO

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO).

CW SANTIAGO – ACN

Categoría: ALEVÍN

Día: 18 de Abril de 2015

Hora: 18:30 h.

Piscina: Piscina Santa Isabel

Convocados: ás 17:15 h na Piscina de Santa Isabel

XOGADORES CONVOCADOS

1. ROBERTO CARRO

2. LUIS GUILBERT

3. SANTI ESTURAO

4. GABRIEL LESENDE

5. IAGO OTERO

6. MAURO RODRÍGUEZ

7. UXÍA SANLUIS

8. NEREA CARRILLO

9. SAMUEL GONZÁLEZ

10. IAGO GARABATO

11. ANXO PANERO

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO).

CONVOCATORIA DO EQUIPO INFANTIL PARA ESTE DOMINGO DÍA 12 DE ABRIL

ACW – CW SANTIAGO
CM FERROL – CW SANTIAGO

Categoría: INFANTIL

Día: 12 de Abril de 2015

Hora: 18:00 h. – 19:00 h.

Piscina: Piscina de Caranza ( Ferrol)

Convocados: saída en bus dende Sta. Isabel ás 15:45 h.

XOGADORES CONVOCADOS

1. MARTÍN TORREIRA

2. LUIS GUILBERT

3. ROBERTO VIEIRO

4. GABOR PAZOS

5. ROSALÍA REY

6. ALEX GÓMEZ

7. IVÁN VIEITES

8. ESTEBAN CARRILLO

9. JORGE GÓMEZ

10. ANTONIO MOSCOSO

11. PABLO CHICO

12. JORGE RODRÍGUEZ

13. LAURA SANLUIS

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO) E 5€ PARA O PAGO DO BUS.

SUSPENSIÓN DOS ENTRENOS EN SAR

Dende hoxe, e ata o vindeiro martes día 7 de Abril, quedan suspensos os entrenos nas instalacións de Sar.

CONVOCATORIA DOS EQUIPOS ABSOLUTO “B” Y CADETE PARA O VINDEIRO DOMINGO 29 DE MARZO

Comunícase a convocatoria dos equipos cadete e absoluto da 2ª división para este domingo día 29 de Marzo segundo a seguinte orde:

ACW – CW SANTIAGO

Categoría: CADETE

Día: 29 de Marzo de 2015

Hora: 10:00 h.

Piscina: INEF  A Coruña

Convocados: ás 08:15 h. o bus sairá da piscina de Santa Isabel

XOGADORES CONVOCADOS

1. JAVIER ROMARIS

2. GABOR PAZOS

3. RODRIGO VARELA

4. OTTO GOTHLIN

5. ROSALÍA REY

6. UXÍA TABOADA

7. PAULO JUNQUERA

9. JORGE GÓMEZ

10. MANUEL CEBEY

11. XOAQUÍN GENDRA

12. BRUNO SAMPAÑO

13. ANTÓN GENDRA

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO) E 5€ PARA O PAGO DO BUS.

ACW – CW SANTIAGO

Categoría: ABSOLUTO 2ª DIVISIÓN

Día: 29 de Marzo de 2015

Hora: 11:30 h.

Piscina: INEF  A Coruña

Convocados: ás 08:15 h. o bus sairá da piscina de Santa Isabel

1. CARLOS VIAÑO

2. MIGUEL FERNÁNDEZ

3. JORGE LAREU

4. ALBERTO CABRERA

5. LUIS FERRER

6. JACOBO PÉREZ

7. OTTO GOTHLIN

9. PABLO SUÁREZ

10. MANUEL CEBEY

11. XOAQUÍN GENDRA

12. BRUNO SAMPAÑO

13. ANTÓN GENDRA

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO) E 5€ PARA O PAGO DO BUS.

CONVOCATORIA DO EQUIPO CADETE PARA O VINDEIRO SÁBADO 21

Comunícase a convocatoria do equipo cadete  para este sábado día 15 de Marzo segundo a seguinte orde:

CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA

Categoría: CADETE

Día: 21 de Marzo de 2015

Hora: 17:15 h.

Piscina: Santa Isabel

Convocados: ás 14:15 h. cambiados na piscina de Santa Isabel

XOGADORES CONVOCADOS

1. ANTÓN GENDRA

2. GABOR PAZOS

3. RODRIGO VARELA

4. OTTO GOTHLIN

5. ROSALÍA REY

6. UXÍA TABOADA

7. PAULO JUNQUERA

8. ESTEBAN CARRILLO

9. ALEX GÓMEZ

10. MANUEL CEBEY

11. XOAQUÍN GENDRA

12. BRUNO SAMPAÑO

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO)

DERROTA NA CORUÑA DO CW SANTIAGO

A última xornada da fase regular da liga galega absoluta de primeira división cortou o refacho inmaculado de vitorias do CW Santiago, produciuse ante CN Coruña, equipo que só perdera na primeira volta ante os santiagueses, e que lles devolveron a moeda nun partido que mandaron dende un principio os coruñeses, e que ante o nulo poder ofensivo dos santiagueses nos dous primeiros cuartos (7 goles a 2) deixaron case sentenciado o partido. Pero o amor propio dos santiagueses e o seu espírito de loita, achegou o marcador ata un 8 a 6 a finais do terceiro cuarto, que meteu de novo no partido aos nosos. Pero o último e definitivo cuarto outro estirón dos coruñeses lles deu o triunfo final.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION

CN CORUÑA – CW SANTIAGO   11 – 8 (3-0; 4-2; 1-4; 3-2)

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Ramón Turnes, Fernando Mayer, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (2), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (2), Pablo Suárez (2), Angel Carro (1), Bruno Sampaño, Adrián Campaña, Jesús Montoiro.