7ª POSICIÓN NA FASE DE ASCENSO NACIONAL

O CW Santiago desprazouse esta ponte de Maio a Pamplona para disputar a fase de Ascenso a 2ª División Nacional con grande ilusión e ganas de disputar a calquera equipo os partidos a disputar. InicioU a fase contra o campión da liga vasca. Loitou e aguantou dentro do partido ata finais do terceiro cuarto, onde os nosos xogadores pouco afeitos a partidos deste nivel, baixaron o físico e rematou cunha derrota por 13 a 4, moito máis avultada do merecido.
O sábado pola mañá, tocaba xogar contra o outro equipo vasco do grupo AskartzaB” (ao final campión e subcampión da fase). Tamén saíron os nosos con ganas, e xogando de ti a ti a un equipo novo, pero con gran ritmo de xogo, o cal superou aos santiagueses por un claro 13 a 3. Aínda que menos, tamén conseguiron os nosos aguantar dous cuartos de ti a ti, pero a pouca efectividade en ataque, sobre todo nas superioridades, propiciou que no segundo cuarto xa tivisen unha vantaxe de 5 goles. Ao final, o encontro rematou cun claro 13 a 3.
Por último, o sábado pola tarde enfrontábanse os dous equipos galegos participantes na fase. Natación Coruña templou máis os nervios, e nun partido moi igualado, rematou levándose a vitoria a falta de catro segundos por 10 a 9.

Despois destes resultados, nosos xogadores loitaron polo 5º ao 8º lugar o domingo. O primeiro enfrontamento foi ante C.D.N. BIDASOA XXI, terceiro clasificado do grupo A. No peor encontro da fase, os santiagueses perderon por 15 goles a 11, un partido que practicamente resolveron os xogadores irundarras na metade do mesmo, ao cal se chegou cun resultado de 10 a 4. Aínda que co partido practicamente sentenciado, os nosos non baixaron os brazos e leváronse o marcador a favor, o que propicio ese resultado final que soubo premiar o esforzo dos nosos.

O domingo pola tarde tocaba xogar pola sétima praza ante Natación Coruña, partido no cal os nosos xogadores devolveron a moeda aos coruñeses pola derrota na fase de grupos, e venceron por un axustado 10 a 9, nun partido onde sempre foron os santiagueses por diante no marcador e que premiou aos nosos polo esforzo realizado durante todo o campionato. Sacando conclusións positivas, dunha fase que acabou levándose os mozos de AskartzaB” nunha emocionante final ante a UPNA por un axustado 11 a 10.

FASE DO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE 3ª DIVISION FINAL- GRUPO B

 

1ª XORNADA GRUPO B

UPNA WP9802 – CW SANTIAGO 13-4 (1-0; 3-2; 4-1; 5-1)

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez, Jesus Montoiro, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (2), Brais Raposo, Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez, Angel Carro (1), Bruno Sampaño, Adrian Campaña, Mateo Raposo

2ª XORNADA GRUPO B

C ASKARTZA CLARET “B” – CW SANTIAGO 13-3 (2-1; 4-0; 2-1; 5-1)

 

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez, Jesus Montoiro, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (1), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño, Pablo Suarez (1), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrian Campaña, Mateo Raposo

3ª XORNADA GRUPO B

CN CORUÑA – CW SANTIAGO 10-9 (2-1; 2-3; 4-2; 2-3)

 

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez, Jesus Montoiro, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (4), Brais Raposo (2), Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez (1), Angel Carro (1), Bruno Sampaño, Adrian Campaña, Mateo Raposo

 

SEMIFINAL 5º-8º POSTO

 

C.D.N. BIDASOA XXI – CW SANTIAGO 15 – 11 (5-2; 5-2; 4-4; 1-3)

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez, Jesus Montoiro, Luis Ferrer (1), Pablo Piñeiro (5), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (3), Pablo Suarez (1), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrian Campaña, Mateo Raposo

7ª-8ª POSTO

 

CN CORUÑA – CW SANTIAGO 9-10 (1-3; 3-2; 3-3; 2-2)

 

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez (1), Jesus Montoiro, Luis Ferrer (2), Pablo Piñeiro (1), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (3), Pablo Suarez), Angel Carro (2), Bruno Sampaño, Adrian Campaña, Mateo Raposo

CLASIFICACIÓN FINAL


1º C. ASKARTZA CLARET B
2º WP. 98-02
             3º C.N. TRES CANTOS B
4º C.D. WATERPOLO NAVARRA C
5º A.R. CONCEPCION-CIUDAD LINEAL B
6º C.D.N. BIDASOA XXI
7º C.W. SANTIAGO
8º C.N. CORUÑA
9º LEIOA I.T.

 CWS logo corregido

 

  11139400_1440880222890562_6903847391845282139_n 11178333_1626246784263434_184604209979409964_n

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s