O segundo partido do play off semifinal, entre CW Santiago e CWG Pontevedra, era a primeira oportunidade para os santiagueses de saldar o enfrontamento entre segundo e terceiro clasificado da liga galega. Partido que ao final se levou o equipo de Pontevedra, que soubo estar máis atinado na quenda de penaltis despois de rematar en táboas o encontro. Iso sÍ, sempre dominado polos pontevedreses, aínda que con vantaxes mínimas, que lles deu o empate na eliminatoria e que se resolverá o próximo día 9 co partido de desempate, que decidirá quen dos dous equipos se enfronta a Natación Coruña na final.
O partido comezou con gol do equipo visitante, que a partir de aí sempre levou a iniciativa, concedendo como moito que os santiagueses empatasen, pero que nunca se puxesen por diante no marcador indo sempre a remolque. Os erros defensivos dos santiagueses, algo que deberán mellorar no próximo partido, daban sempre ao equipo pontevedrés opción de colocarse por enriba no marcador. Cousa que soubo aproveitar cun xogo moito máis pausado e que ao final lles fixo merecedor da vitoria nunha quenda de penaltis na que o porteiro pontevedrés paro dous lanzamentos, e sen erros nos seus lanzamentos. Destacar tamén a fe dos santiagueses que nunca baixaron os brazos, e que a falta de dezasete segundos para a conclusión do partido, perdían de dous goles e conseguiron empatar para provocar a quenda de definitiva de penaltis.
2º PARTIDO PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALEGA 1ªDIVISION
CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA 13 – 16 (2-2; 4-4; 2-4; 4-2) PENALTIS 1-3
CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Ramón Turnes, Fernando Mayer, Luis Ferrer (3), Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo, Antonio Caamaño (2), Pablo Suárez (3), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrián Campaña (1), Mateo Raposo.