COMEZO DO PLAY OFF CON VITORIA A DOMICILIO

Comezaron os play off na Liga Galega Absoluta de primeira división coa semifinal, que enfrontaba a CWGPontevedra e CW Santiago. Primeiro partido xogado na casa do equipo pontevedrés, e que rematou con vitoria do equipo santiagués por un axustado 11 a 13, nunha semifinal que se prevía igualada e que como cabía esperar así aconteceu nun partido cheo de alternativas. Partido que se decidiu no terceiro cuarto despois dun parcial de 1 a 6 que levou aos santiagueses a entrar no último cuarto con tres goles de vantaxe que soubo manter ata o final. Ata aí foi un partido cheo de alternativas, xa que despois dun inicio fulgurante dos santiagueses, que se escaparon cun parcial de 1 a 4 nos primeiros cinco minutos, dous erros defensivos e unha inferioridade mal defendida deu un marcador de 4 a 4 no primeiro cuarto. O segundo cuarto seguiu coa mesma tónica, e despois do empate a 6, un estirón dos xogadores pontevedreses fíxolles escapar dous goles arriba ao descanso (8 a 6). Despois dos minutos de descanso, o inicio do terceiro cuarto supoñíase importante como así aconteceu. Os santiagueses melloraron defensivamente asfixiando os xogadores de Pontevedra e acertando en ataque, deixando o partido tres goles arriba despois dun parcial de 1 a 6, para manter o resultado no último cuarto, que cun parcial de 2 a 1, deixando o resultado final no definitivo 11 a 13, que dá a primeira vitoria ao equipo santiagués. O próximo envite o sábado 18 de abril ás 17 h na piscina de Sta. Isabel.

 

PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA

 CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO     11 – 13 (4-4; 4-2; 1-6; 2-1)

 CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Ramón Turnes (1), Jacobo Pérez, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (9), Brais Raposo, Antonio Caamaño, Pablo Suárez (2), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrián Campaña (1), Jesús Montoiro.

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s