CRÓNICA do DOMINGO, 19 de XANEIRO

VICTORIA ABSOLUTA  E  DERROTAS DOS CADETE E INFANTIL CONTRA MARINA FERROL

Nova xornada de liga do CW Santiago, a que disputou este domingo, día 19 de Xaneiro, contra Marina Ferrol  en categorías: absoluta, cadete e infantil con diferente sorte para os nosos equipos. Esta nova xornada o desprazamento a Ferrol.

Empezou co partido en categoría infantil, equipo que tivo que disputar o partido con numerosas baixas  o que mermou o potencial do equipo acabando cun dignísimo resultado e que demostra cada semana a progresión dos nosos xogadores, e animarlles a seguir traballando con moitas mais gañas.

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO   13-3 (2-1; 3-0; 1-0; 3-1; 1-0; 3-0; 0-0)

CW SANTIAGO: Martin Torreira, Daniel Pérez (2), Paulo Junquera, Gabor Pazos, Alex Gómez (1), Damián Antelo, Antonio Moscoso, Manuel Cebey

O seguinte partido en disputarse foi en categoría cadete nun partido mais igualado do que parece xa que, si ben o trabajo defensivo foi moi bó, o pouco acerto rematador foi o punto que desequilibrou a balanza a favor do equipo ferrolán, aínda que sí  é certo que despois duns partidos anteriores un poco floixos a melloría do noso equipo cadete danos esperanza de cara ao futuro.

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO   9-2 (2-0; 3-0; 3-1; 1-1)

CW SANTIAGO: Antón Gendra, Miguel Fernández (1), Jorge Lareu, Otto Gothlin, Alex Valle, Uxia Taboada, Manuel Cebey, Jesús Montoiro (1), David Romeu, Miguel de Uña, Xoaquin Gendra, Bruno Sampaño, Javier Romaris.

O último partido da xornada disputaronno os equipos absolutos de ambos clubes cun resultado favorable a CW Santiago nun partido dominado absolutamente polos nosos xogadores dende o principio do encontro e gañando  todolos parciais cun traballo defensivo moi notable e cun gran acerto de cara á portería contraria grazas ao maior poder físico.

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO   5- 13 (1-2; 2-4; 0-2; 2-5)

CW SANTIAGO: David Raposo, Miguel Fernández, Luis Ferrer (2), Fernando Mayer (1), Héctor Taboada, Pablo Piñeiro (4), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez (1), Angel Carro (3), Pablo Pieroni, Adrian Campaña, Carlos Viaño.

O PRÓXIMO FIN DE SEMANA DOBLE XORNADA DO CLUBE WATERPOLO SANTIAGO, O SÁBADO EN CATEGORIA INFANTIL E O NOSO EQUIPO “B” EN PONTEVEDRA.

O DOMINGO, EN SANTA ISABEL, EN CATEGORIAS ALEVIN, CADETE E “B” CONTRA NATACIÓN CORUÑA, MOITO ÁNIMO AOS NOSOS XOGADORES.

AGARDÁMOSVOS A TODOS ANIMANDO AOS  NOSOS EQUIPOS.

CONVOCATORIA CADETES – DOMINGO 19 de XANEIRO

Día:                         DOMINGO  19  DE  XANEIRO  DE  2014

Partido:

17:15 h.                  CLUB MARINA FERROL            VS           CW SANTIAGO

Piscina:                  CARANZA (FERROL)

Convocados:        ás     14:00 h.  na piscina de Santa Isabel para traslado en autobús.

CATEGORIA:         CADETE

1.-  JAVIER ROMARIS
2.-  MIGUEL FERNANDEZ
3.-  JORGE LAREU
4.-  OTTO GOTHLIN
5.-  ALEX VALLE
6.-  UXIA TABOADA
7.-  DAVID ROMEU
8.-  CARLOS MIRAS
9.-  JESUS MONTOIRO
10.- MIGUEL DE UÑA
11.- XOAQUIN GENDRA
12.- BRUNO SAMPAÑO
13.- ANTON GENDRA

Lembrar a todolos xogadores convocados que deben levar:
– O  seu  D.N.I orixinal ( excepto os que teñen copia compulsada )
e

– 5 euros para o pago do bus.

CONVOCATORIA INFANTÍS – DOMINGO 19 de XANEIRO

Día:                       DOMINGO  19  DE  XANEIRO  DE  2014

Partido:

16:00h.               CLUB MARINA FERROL            VS           CW SANTIAGO

piscina:                CARANZA        ( FERROL)

Convocados:     ás   14:00 h.   na piscina de Santa Isabel para traslado en autobús

CATEGORIA:      INFANTIL

1.-   MARTIN TORREIRA
2.-   DANIEL PEREZ
3.-   ROBERTO VIEIRO
4.-   GABOR PAZOS
5.-   ROSALIA REY
6.-   ALEX GOMEZ
7.-   PAOLO JUNQUERA
8.-   ESTEBAN CARRILLO
9.-   LUIS GUILBERT
10.- DAMIAN ANTELO
11.-  ANTONIO MOSCOSO
12.-  MANUEL CEBEY

Lembrar a todolos xogadores convocados que deben levar o D.N.I orixinal
( excepto os que teñen copia compulsada )

e

5 euros para a viaxe en autobús

CAMBIO de Data de PARTIDOS

 

AVISO IMPORTANTE:

CAMBIO DE PARTIDOS

 

 

Con motivo dun cambio de calendario por parte da Federación Galega, os partidos que debían disputarse o próximo 11 de Xaneiro de 2014 contra CN Coruña en categorías Alevín, Cadete e Absoluto “B”, pasan a disputarse o domingo día 26 de Xaneiro de 2014 cos seguintes horarios:

 

 

DOMINGO  26 DE XANEIRO DE 2014

PISCINA STA.ISABEL (SANTIAGO)

 

 

  9:45h.     CATEGORIA  ALEVIN  

                     CW SANTIAGO – CN CORUÑA

 

 

10:45h.     CATEGORIA  CADETE  

                     CW SANTIAGO – CN CORUÑA

 

 

12:15h.      CATEGORIA    ABSOLUTO “B”

                      CW SANTIAGO – CN CORUÑA

 

 

ENTRENOS NO NADAL – 2013

Chegan  as  Vacacións de Nadal  e con elas temos Horarios Novos para os Entrenos.

 

HORARIOS DE ENTRENO – NADAL 2013

 

As  categorías   Infantil / Alevín  e  cadete,  Non teñen  Entrenos    dende    o    22 de Decembro     ata    o     6  de  Xaneiro.

 

¡  A  DISFRUTAR !

 

 

Sábado 21 de Decembro – Festa de Nadal do Clube

O próximo sábado, 21 de Decembro, celebramos  a FESTA de NADAL do Club Waterpolo Santiago.

Queremos ver aos nosos Xogadores acompañados dos seus pais e irmáns.

Agardámosvos a todos ás 19:00h. na Piscina de Santa Isabel.

Traede todos (xogadores, pais, nais, irmáns, …) o voso bañador.

Primeiro, xogaremos uns partidiños e, despois, repoñeremos forzas.

 

Cartel Festa Nadal - 2

SUSPENDIDOS os PARTIDOS do Próximo DOMINGO 15 de DECEMBRO

SUSPENDIDOS   OS   PARTIDOS   CONTRA    A    ASOCIACION   CORUÑESA   DE   WATERPOLO

Os tres partidos que se tiñan que  disputar este próximo domingo, día 15 de decembro de 2013,  contra a Asociación Coruñesa de Waterpolo en categorías Alevín, Infantil e cadete quedan suspendidos a causa do peche da instalación de Elviña, pola caída dunha das vigas da piscina.

En canto teñamos nova data avisaremosvos.

NON HAI ENTRENOS o SÁBADO 7 de NOVEMBRO

 

NON   HAI  ENTRENOS  o  SÁBADO  7  de  NOVEMBRO

 

O próximo sábado, 7 de novembro, o Club Waterpolo Santiago fai ponte. Polo que ese día non haberá entrenamentos.

 

Disculpade  as molestias e disfrutade de tres días de relax.

DERROTA “ABSOLUTA” CONTRA GALAICO PONTEVEDRA

 

DERROTA ABSOLUTA CONTRA GALAICO PONTEVEDRA

 

 

Nova xornada de liga galega para o CW Santiago, a disputada este sábado 30 de Novembro, en Pontevedra onde os equipos do CW Santiago obtiveron diferentes resultados nunha xornada con catro partidos.

 

 

O primeiro partido disputado foi o Absoluto onde os nosos xogadores perderon a imbatibilidade na liga nun partido cheo de altibaixos. Mal comenzo do partido cun primeiro parcial de tres a un a favor do equipo de Pontevedra, produxo a precipitación dos nosos xogadores que foron sempre a remolque durante todo o encontro e que, pese a conseguir empatar no terceiro cuarto, outros catro minutos de precipitación propiciou que o equipo de Pontevedra se escapara, de novo, de catro goles no último cuarto e, pese ao esforzo dos nosos xogadores, só poideron recortar a diferenza ata dous goles, acabando cun resultado final de once a nove, só queda seguir traballando para ser un equipo regular.

 

LIGA GALLEGA ABSOLUTA

 

CWG PONTEVEDRA – CWSANTIAGO 11 – 9 (3-1; 3-2; 4-3; 1-3)

 

David Raposo, Miguel Fernández, Luis Ferrer, Fernando Mayer (1), José Mª del Rio, Pablo Piñeiro (4), Brais Raposo, Antonio Caamaño (2), Pablo Suarez (1), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrian Campaña (1), Carlos Viaño

 

 

 

Despois da derrota “absoluta” lanzaronse á auga os mais pequeniños do clube, no seu primeiro partido da tempada, e obtiveron unha victoria nun partido vistoso ante un equipo de Pontevedra tamén moi loitador e que fixo disfrutar ao público asistente xa que as gañas coas que xogan e a súa bisoñez dan un ambiente e un xogo moi amenos.

 

LIGA GALLEGA BENXAMIN

 

CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 10 -15 (5-0; 0-8; 5-1; 0-6)

 

Roberto Carro (2), Mauro Rodríguez (3), Anxo Panero (2), Daniel Ferreira (4), Fernando Ferrer (4), Sabela Ferreira, Andrés Amado

 

 

 

Despois do espectacular partido benxamín tocoulle participar ao equipo alevín, que por causa das baixas de varios xogadores o equipo viuse reducido xa que foron os mesmos xogadores benxamíns mais a participación de varios xogadores do equipo alevín os que tiveron que lidiar co partido onde poideron aguantar ata o terceiro cuarto o partido igualado pero,  ao final, o cansancio dos nosos xogadores mais pequenos propiciou que os xogadores pontevedreses se escaparan no marcador no quinto cuarto e xa nada se poido facer mais que felicitalos polo seu esforzo.

 

LIGA GALLEGA ALLEVIN

 

CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 14 – 8 (3-1; 2-2; 2-2; 2-0; 5-0; 0-3)

 

Roberto Carro, Anxo Panero, Santiago Esturao, Daniel Ferreira (1), Fernando Ferrer, Alex Gómez (7), Mauro Rodríguez, Malco Gómez, Andrés Amado

 

 

 

Por último celebrouse o partido na categoría cadete, un partido sen historia xa dende o principio e, que o resultado final diceo todo ante un equipo de Pontevedra moi superior en todalas facetas do xogo. O único que se pode pedir é que segan traballando para poder saltar a auga e mellorar cada día, xa que a maioría dos xogadores son prácticamente novos, desta tempada, e iso fai que aínda deban correxir moitas cousas nos entrenos para poder plasmalo na auga.

 

LIGA GALLEGA CADETE

 

 

CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 16 – 1 (3-0; 4-1; 7-0; 2-0)

 

Antón Gendra, Miguel Fernández, Tristán Ron, Otto Gothlin, Daniel Pérez, Uxia Taboada, David Romeu, Carlos Miras, Jesús Montoiro (1), Xoaquin Gendra, Bruno Sampaño, Javier Romaris.