CRÓNICA do DOMINGO, 19 de XANEIRO

VICTORIA ABSOLUTA  E  DERROTAS DOS CADETE E INFANTIL CONTRA MARINA FERROL

Nova xornada de liga do CW Santiago, a que disputou este domingo, día 19 de Xaneiro, contra Marina Ferrol  en categorías: absoluta, cadete e infantil con diferente sorte para os nosos equipos. Esta nova xornada o desprazamento a Ferrol.

Empezou co partido en categoría infantil, equipo que tivo que disputar o partido con numerosas baixas  o que mermou o potencial do equipo acabando cun dignísimo resultado e que demostra cada semana a progresión dos nosos xogadores, e animarlles a seguir traballando con moitas mais gañas.

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO   13-3 (2-1; 3-0; 1-0; 3-1; 1-0; 3-0; 0-0)

CW SANTIAGO: Martin Torreira, Daniel Pérez (2), Paulo Junquera, Gabor Pazos, Alex Gómez (1), Damián Antelo, Antonio Moscoso, Manuel Cebey

O seguinte partido en disputarse foi en categoría cadete nun partido mais igualado do que parece xa que, si ben o trabajo defensivo foi moi bó, o pouco acerto rematador foi o punto que desequilibrou a balanza a favor do equipo ferrolán, aínda que sí  é certo que despois duns partidos anteriores un poco floixos a melloría do noso equipo cadete danos esperanza de cara ao futuro.

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO   9-2 (2-0; 3-0; 3-1; 1-1)

CW SANTIAGO: Antón Gendra, Miguel Fernández (1), Jorge Lareu, Otto Gothlin, Alex Valle, Uxia Taboada, Manuel Cebey, Jesús Montoiro (1), David Romeu, Miguel de Uña, Xoaquin Gendra, Bruno Sampaño, Javier Romaris.

O último partido da xornada disputaronno os equipos absolutos de ambos clubes cun resultado favorable a CW Santiago nun partido dominado absolutamente polos nosos xogadores dende o principio do encontro e gañando  todolos parciais cun traballo defensivo moi notable e cun gran acerto de cara á portería contraria grazas ao maior poder físico.

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO   5- 13 (1-2; 2-4; 0-2; 2-5)

CW SANTIAGO: David Raposo, Miguel Fernández, Luis Ferrer (2), Fernando Mayer (1), Héctor Taboada, Pablo Piñeiro (4), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez (1), Angel Carro (3), Pablo Pieroni, Adrian Campaña, Carlos Viaño.

O PRÓXIMO FIN DE SEMANA DOBLE XORNADA DO CLUBE WATERPOLO SANTIAGO, O SÁBADO EN CATEGORIA INFANTIL E O NOSO EQUIPO “B” EN PONTEVEDRA.

O DOMINGO, EN SANTA ISABEL, EN CATEGORIAS ALEVIN, CADETE E “B” CONTRA NATACIÓN CORUÑA, MOITO ÁNIMO AOS NOSOS XOGADORES.

AGARDÁMOSVOS A TODOS ANIMANDO AOS  NOSOS EQUIPOS.

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s