DERROTA “ABSOLUTA” CONTRA GALAICO PONTEVEDRA

 

DERROTA ABSOLUTA CONTRA GALAICO PONTEVEDRA

 

 

Nova xornada de liga galega para o CW Santiago, a disputada este sábado 30 de Novembro, en Pontevedra onde os equipos do CW Santiago obtiveron diferentes resultados nunha xornada con catro partidos.

 

 

O primeiro partido disputado foi o Absoluto onde os nosos xogadores perderon a imbatibilidade na liga nun partido cheo de altibaixos. Mal comenzo do partido cun primeiro parcial de tres a un a favor do equipo de Pontevedra, produxo a precipitación dos nosos xogadores que foron sempre a remolque durante todo o encontro e que, pese a conseguir empatar no terceiro cuarto, outros catro minutos de precipitación propiciou que o equipo de Pontevedra se escapara, de novo, de catro goles no último cuarto e, pese ao esforzo dos nosos xogadores, só poideron recortar a diferenza ata dous goles, acabando cun resultado final de once a nove, só queda seguir traballando para ser un equipo regular.

 

LIGA GALLEGA ABSOLUTA

 

CWG PONTEVEDRA – CWSANTIAGO 11 – 9 (3-1; 3-2; 4-3; 1-3)

 

David Raposo, Miguel Fernández, Luis Ferrer, Fernando Mayer (1), José Mª del Rio, Pablo Piñeiro (4), Brais Raposo, Antonio Caamaño (2), Pablo Suarez (1), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrian Campaña (1), Carlos Viaño

 

 

 

Despois da derrota “absoluta” lanzaronse á auga os mais pequeniños do clube, no seu primeiro partido da tempada, e obtiveron unha victoria nun partido vistoso ante un equipo de Pontevedra tamén moi loitador e que fixo disfrutar ao público asistente xa que as gañas coas que xogan e a súa bisoñez dan un ambiente e un xogo moi amenos.

 

LIGA GALLEGA BENXAMIN

 

CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 10 -15 (5-0; 0-8; 5-1; 0-6)

 

Roberto Carro (2), Mauro Rodríguez (3), Anxo Panero (2), Daniel Ferreira (4), Fernando Ferrer (4), Sabela Ferreira, Andrés Amado

 

 

 

Despois do espectacular partido benxamín tocoulle participar ao equipo alevín, que por causa das baixas de varios xogadores o equipo viuse reducido xa que foron os mesmos xogadores benxamíns mais a participación de varios xogadores do equipo alevín os que tiveron que lidiar co partido onde poideron aguantar ata o terceiro cuarto o partido igualado pero,  ao final, o cansancio dos nosos xogadores mais pequenos propiciou que os xogadores pontevedreses se escaparan no marcador no quinto cuarto e xa nada se poido facer mais que felicitalos polo seu esforzo.

 

LIGA GALLEGA ALLEVIN

 

CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 14 – 8 (3-1; 2-2; 2-2; 2-0; 5-0; 0-3)

 

Roberto Carro, Anxo Panero, Santiago Esturao, Daniel Ferreira (1), Fernando Ferrer, Alex Gómez (7), Mauro Rodríguez, Malco Gómez, Andrés Amado

 

 

 

Por último celebrouse o partido na categoría cadete, un partido sen historia xa dende o principio e, que o resultado final diceo todo ante un equipo de Pontevedra moi superior en todalas facetas do xogo. O único que se pode pedir é que segan traballando para poder saltar a auga e mellorar cada día, xa que a maioría dos xogadores son prácticamente novos, desta tempada, e iso fai que aínda deban correxir moitas cousas nos entrenos para poder plasmalo na auga.

 

LIGA GALLEGA CADETE

 

 

CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 16 – 1 (3-0; 4-1; 7-0; 2-0)

 

Antón Gendra, Miguel Fernández, Tristán Ron, Otto Gothlin, Daniel Pérez, Uxia Taboada, David Romeu, Carlos Miras, Jesús Montoiro (1), Xoaquin Gendra, Bruno Sampaño, Javier Romaris.

 

 

 

 

 

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s