Entrega á Fegan de copia escaneada dos Dni´s dos xogadores

En días pasados, recibiuse da Fegan unha circular requeriendo ao clube a aportación dunha copia escaneada do Dni de todos os xogadores. A tal efecto, distribuíuse unha circular informado da necesidade de que os xogadores aporten a mesma ao clube.

Os membros da Xunta Directiva e o adestrador están a disposición de todos os asociados para axudarlles en todo o necesario.

A copia escaneada pódese enviar a calquera dos enderezos electrónicos do clube; entre eles: wpdirectiva@gmail.com.

 

Fin da participación da selección infantil galega no campionato nacional

A selección infantil galega de waterpolo finalizou a súa participación no Campionato de España de Wáter-Polo Infantil Mixto por Federacións Territoriais, celebrado en Xaén do 29 de marzo ao 1 de abril de 2012.

No último partido, os xogadores dirixidos por Xavi Pérez perderon fronte ao equipo da Federación da Comunidade Valenciana por un rotundo 11-3. No global do campionato a selección acadou un total de 15 goles, sendo o máximo goleador Francisco Pedreira, con 6 tantos.

O gañador do campionato foi a selección catalana que impuxose na final á selección madrileña por 11-5. Noraboa aos campións (na foto).

Entrevista en SantiagoTV

O recente éxito deportivo do clube ao proclamarse por terceiro ano consecutivo campión da Liga Galega Absoluta, propiciou que moitos dos medios de comunicación locais da cidade de Santiago se interesasen polo clube, obtendo, así, unha promoción adicional das nosas actividades.

En concreto, o 26/3/2012 o programa La prórroga de SantiagoTV entrevistou á presidenta, ao entrenador e mais a Pablo Piñeiro, en representación dos xogadores do equipo absoluto, para faltar do título recén conseguido.

Pódedes ver a continuación a entrevista completa:


Tamén podedes seguir a canle YouTube do clube: http://www.youtube.com/user/CWSantiago/videos

Derrota da selección galega infantil no campionato español 2012

A selección infantil galega de waterpolo perdeu o seu primeiro partido no Campionato de España de Wáter-Polo Infantil Mixto por Federacións Territoriais, que celébrase en Xaén do 29 de marzo ao 1 de abril de 2012.

Os waterpolistas galegos enfrentaronse ao equipo da Federación Navarra, perdendo por 4-11.

Pola selección galega anotaron Oscar Montes, Francisco Pedreira (2) e Pablo Teijeira.

O próximo partido disputarase o 31/03/2012 ás 12:00 horas fronte á Federación Ceuta.

Os resultados pódense seguir en tempo real no sitio web da Federación Española de Natación.

Campionato infantil seleccións territoriais 2012

O Campionato de España Infantil Mixto de Wáter-Polo por Federacións Territoriais celébrase en Xaén do 29 de marzo ao 1 de abril de 2012. 

O Campionato de España de Wáter-Polo Infantil Mixto por Federacións Territoriais é a única proba por seleccións existente no Wáter-Polo Nacional. Ao finalizar o campionato, o seleccionador da RFEN para categorías inferiores elixirá dous xogadores por cada selección para ir á Concentración Nacional de Wáter-Polo Infantil. Desta selección sairá un equipo que podería representar a España nun Campionato Internacional da categoría.