CAMPEONATO ALEVÍN DE INVERNO

Os xogadores alevíns do Club Waterpolo Santiago remataron na 4ª posición no campeonato alevín de inverno disputado este sábado en Pontevedra, no cal impúxose o equipo anfitrión.

Tres partidos tiveron que disputar os composteláns neste campionato, nos que colleitaron unha vitoria e dúas derrotas para acadar dita posición.

No primeiro partido da xornada, correspondente os cuartos de final, enfrontáronse ao CWG Pontevedra “B”, partido que rematou 5-0 a favor dos santiagueses grazas a un bo traballo defensivo e nun partido que non se decantou do lado do vencedor ata o 4º período onde os composteláns comezaron a frutificar as súas xogadas ofensivas.

Nas semifinais o CW Santiago enfrontouse ao a posteriori campión do torneo o CWG Pontevedra “A” nun partido, no que o equipo do Lerez foi moi superior os santiagueses, que a pesar de comezar adiantándose no marcador sufriron finalmente unha avultada derrota por 16-2.

Na loita pola terceira praza os composteláns enfrontáronse a Asociación Coruñesa nun partido moi intenso e igualado ata a última xogada, onde calquera dos dous equipos puido levarse a vitoria final, e que se decantou do lado coruñes pois estes souberon aproveitar os erros dos santiagues nos dous últimos períodos. O resultado final foi 5-4.

Os integrantes do CW Santiagon foron:

Roberto Carro, Saray Guilbert, Antonio Garcia, Gabriel Lesende, Fernando Ferrer, Uxía Sanluis, Mauro Rodriguez, Samuel Gonzalez, Anxo Panero, Miguel Barca y Martín Zas.

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Un comentario en “CAMPEONATO ALEVÍN DE INVERNO”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s