O Club Waterpolo Santiago foi recibido polo Alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo
Este pasado martes, día 5 de xullo, o Club Waterpolo Santiago foi recibido polo Alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e varios concelleiros e edís, no patio interior do Pazo de Raxoi.
Rapaces e rapazas de diferentes categorías amosaron os títulos conseguidos este ano:
Campión Galego Absoluto Masculino División de Honor de Liga 21–22, Campión Galego de Liga Alevín mixta 21–22, Campión galego de Liga Benxamín mixta 21–22.
Tamén son Campións de Copa Galega Absoluta Masculina 21–22, Campións no Campionato galego alevín mixto de Inverno, Campións no Campionato galego benxamín mixto de Inverno e Campións no Campionato benxamín mixto de verán.
O alcalde felicitounos polos títulos e o Club agradeceu o recibimento na Alcaldía e o uso das instalacións municipais, aínda que lembrou a necesidade de máis piscinas no Concello de Santiago para seguir practicando deportes acuáticos.





Acompañaron ao Alcalde: Manuel Pichel como Concelleiro Delegado de deportes (en substitución de Esther Pedrosa), Gonzalo Muiños (como responsable de Mobilidade e Seguridade Cidadá), Mercedes Rosón (Concelleira de Urbanismo e Políticas de Igualdade), Ramón Quiroga (Grupo Popular) e Blanca Novoneyra (Compostela Aberta) e Goretti Sanmartín (BNG)
