O equipo absoluto feminino do Club Waterpolo Santiago volveu á senda do triunfo tras impoñerse con claridade ao CM Ferrol por 20-5.
As santiaguesas dominaron o encontro desde o inicio, cun alto ritmo de xogo e unha grande eficacia ofensiva. A intensidade mostrada en todas as fases do xogo permitiu abrir diferenzas no marcador desde os primeiros minutos.
Co paso do partido, o equipo mantivo o nivel competitivo, ampliando a vantaxe e controlando o ritmo do encontro ata o asubío final.
Esta vitoria permite ao conxunto recuperar boas sensacións tras dúas xornadas anteriores sen resultados positivos, reafirmando o seu potencial competitivo.




