Segunda xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago. Desta vez tocou debut na casa ante o CW As Mariñas, cun pleno de vitorias nos tres partidos disputados.
A xornada deu comezo coa disputa do encontro na categoría infantil mixta, onde os santiagueses, co seu equipo Alento, venceron sen paliativos os coruñeses, pechando o marcador no terceiro cuarto e vencendo finalmente por 11-1.
O segundo encontro disputado foi na categoría cadete mixta e, ao igual que na categoría infantil, houbo unha clara superioridade dos locais, que se levaron o encontro cun contundente marcador final de 22-5, que xa ao descanso amosaba unha gran diferenza. Isto propiciou que os xogadores menos habituais puidesen ir collendo minutos.
Por último, chegou a terceira vitoria da tarde, esta vez na categoría absoluta feminina de DH. Un partido, como os anteriores, plácido para as nosas rapazas, que acabaron vencendo finalmente por 23-2, resarcíndose da derrota do pasado domingo no inicio da liga
#CWSantiago #Waterpolo #LigasGalegas #WaterpoloGalego #OrgulloSantiagués #Alento #PlenoDeVitorias #lamerenguela

