MAL INICIO DAS LIGAS GALEGAS PARA O CW SANTIAGO

Este pasado domingo deron comezo as Ligas Galegas de Waterpolo para o club compostelán, con desprazamento a Vigo para disputar cinco encontros que se saldaron con derrota.

O primeiro encontro en disputarse foi na categoría alevín, onde os santiagueses caeron derrotados cun resultado final de 9-1. Foi un partido no que os nosos rapaces non estiveron acertados tanto en defensa como en ataque, e só queda seguir mellorando partido a partido.

O segundo encontro tamén caeu do lado vigués. Na categoría infantil mixta debutaba o noso segundo equipo, que pouco puido facer ante o vendaval local, que acabou levándose o encontro de forma clara cun resultado final de 10-0.

O terceiro encontro en disputarse foi na categoría cadete e, do mesmo xeito que nos dous anteriores, o equipo vigués foi moi superior e acabou levándose o encontro de forma clara por 19-4.

O cuarto encontro foi na División de Honra feminina, cun resultado de 14-7 para as locais, que colleron vantaxe no segundo cuarto e souberon administrala ata o final.

Por último, disputouse o encontro na categoría absoluta da DH, cunha nova vitoria local por 11-8, grazas a un terceiro cuarto no que os santiagueses erraron demasiado en defensa, dando unha vantaxe de tres goles aos locais, que souberon manter o resultado malia os esforzos visitantes.

Publicado por

Avatar de Descoñecido

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta