DOUS VITORIAS E UNHA DERROTA ESTE PASADO SÁBADO

Nova xornada das ligas galegas para os equipos do club, con visita ás instalacións de Santa Isabel para disputar dous encontros ante o CW Lugo.

Balance positivo coa vitoria do noso Infantil Mixto Alento, non sen dificultades, cun resultado final de 11-9. Foi un partido máis igualado do que se prevía, no que os locais, moi desacertados en ataque, tampouco estiveron demasiado finos en defensa, cometendo numerosos erros. A pesar diso, souberon sobrepoñerse e levar a vitoria, aínda que queda moito traballo por facer.

O segundo partido disputouse na categoría Cadete, onde o noso equipo marcou diferenzas desde o inicio, colocándose cun 6-1 ao seu favor, e soubo manter a vantaxe para acabar impoñéndose por un resultado final de 7-4.

Tamén se disputou o encontro de DH Masculina entre os santiagueses e o CW Pontevedra, actual campión de Liga. A pesar de xogar un bo partido, a irregularidade santiaguesa desta tempada propiciou unha vitoria visitante por 5-12, moito máis avultada do que se viu no encontro. Aínda que o equipo visitante foi superior, un mal parcial dos santiagueses no terceiro período propiciou a vantaxe final.

Publicado por

Avatar de Descoñecido

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixa unha resposta