Cuarto posto na fase de ascenso a 2ª División Nacional

Este pasado fin de semana celebrouse en Madrid a fase de ascenso a 2ª División Nacional na que participou o noso club, obtendo unha meritoria 4ª praza despois de obter unha vitoria ante Galaico Pontevedra e tres derrotas ante os tres equipos madrileños, Cuatro Caminos, Concepción “B” e Canoe “B”.

Empezou a fase o venres pola tarde xogando contra Cuatro Caminos nun partido con moitos altibaixos e no que pesou sobre todo o desprazamento xa que se chegou un par de horas antes de comezar o partido, o cal foi moi igualado no primeiro cuarto, pero ao final a maior condición física decantou o resultado a favor do equipo madrileño.

O sábado pola mañá xogouse o segundo partido, esta vez ante o Galaico Pontevedra, o outro equipo galego na fase, obtendo unha vitoria bastante cómoda, xa que agás o 1-0 inicial, o equipo sempre foi por diante no marcador mesmo chegou a marchar en varias ocasións tres goles por diante, rematando o partido dous goles arriba.

O terceiro partido foi sen lugar a dúbidas o peor partido disputado, empezando ben o primeiro cuarto, e sen historia o resto, cunha cómoda vitoria do Concepción “B”.

O cuarto e último partido foi ante o Grande favorito e equipo que ao final gañou a fase, o Canoe “B”, foi o domingo pola mañá, e despois de empezar moi frouxos o primeiro cuarto, os nosos xogadores espertaron no segundo e terceiro cuarto, dando moita guerra ao campión, notando ao final do partido o cansazo.

Sen lugar a dúbidas gañouse moita experiencia sobre todo os máis novos, para novas fases de ascenso que esperemos ir nos próximos anos.

EQUIPO CW SANTIAGO

HUGO BUJAN, ADRIAN CAMPAÑA, ESTEBAN LAMADRID, DANI GARCIA, ANGEL CARRO, PABLO PIÑEIRO, BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO, PABLO LEIS, PABLO SUAREZ, ALBERTO TOME e DAVID RAPOSO.

Campionato de España 3ª División Masculino Waterpolo

Despois de lograr o título da liga galega de waterpolo masculino, o Club Waterpolo Santiago disputará a fase final do Campionato de España de 3ª División Masculino, representando a nosa Comunidade Autónoma xunto co CW Galaico Pontevedra.

O campionato celebrarase nas instalacións do Real Canoe NC, C/ Pez volador 30 Madrid do 11 ao 13 de maio de 2012.

Os resultados pódense seguir en tempo real no sitio web da Federación Española de Natación: http://www.rfen.es/publicacion/waterpolo/asp/calendario.asp?c=233; tamén lle pediremos aos nosos esforzados deportistas que tuiteen os resultados, do que daremos conta no noso sitio web.

Están convocados os seguintes xogadores: Hugo, Toño, Adrián Campaña, Angel, Dani García, Esteban, Pablo Leis, Estanis, Pablo Piñeiro, Brais, David, Alberto e Pablo Suárez. A todos eles moito ánimo, moita sorte e moita enerxía.

Para animaros, deixamos unha foto co último trofeo que ganachedes.

Resultados dos partidos do 21/04/2012

Nos partidos da Liga Galega de Waterpolo celebrados o 21/04/2012 rexistraronse os seguintes resultados:

Categoría alevín:

CW Santiago – Marina Ferrol: 1-6. Polo CW Santiago anotou Manu.

Categoría cadete:

CW Santiago – Marina Ferrol: 9-1. Polo CW Santiago anotaron Pablo Suárez (4); Luis (1); Angel (1); Carlos Bouzas (1) e Adrián Pallares (2).

Categoría absoluta. Equipo B masculino

CW Santiago – CW Padrón: 7-9. Polo CW Santiago anotaron Fernando (4); Carlos Couceiro (1); David (1) e Pablo Suárez (1).

Partidos a celebrar o 21 de abril de 2012

O vindeiro 21 de abril finalizan as competicións correspondentes á Liga Galega de waterpolo nas súas diferentes categorías.

O CW Santiago disputará os seguintes partidos, todos eles na piscina de Santa Isabel:

  • Ás 16:30 horas, categoría alevín fronte a Club Marina Ferrol.
  • Ás 17:45 horas, categoría cadete fronte a Club Marina Ferrol.
  • Ás 19:00 horas, categoría absoluta, equipo B, frote a CN Padrón.

A todos eles moita sorte e moito ánimo para afrontar a recta final da tempada.

Partidos celebrados o día 14/04/2012

Tras o éxito do equipo absoluto na Liga Galega de Waterpolo, a competición continúa coa disputa das últimas xornadas da Liga nas distintas categorías.

Nos partidos xogados hoxe 14/04/2012 na piscina de Santa Isabel, as chicas do equipo absoluto feminino perderon contra o Club Natación Coruña, pero o equipo absoluto B gañou o seu partido fronte ó Club Natación Coruña.

Os partidos de liga rematan o vindeiro fin de semana. Os equipos alevín e cadete xogan fronte a Club Marina Ferrol e o absoluto B fronte a CN Padrón. Moita sorte para todos eles.