
HORARIOS MES DE XUÑO DE 2017
Os adestramentos do mes de xuño terán lugar na piscina de Santa Isabel
De luns a venres
∙ de 19:00 a 20:00 hrs. infantís, alevíns e benxamíns
∙ 21:30-23:00 hrs, resto de categorias
Sábados
∙ 12:15-14. hrs


Os adestramentos do mes de xuño terán lugar na piscina de Santa Isabel
De luns a venres
∙ de 19:00 a 20:00 hrs. infantís, alevíns e benxamíns
∙ 21:30-23:00 hrs, resto de categorias
Sábados
∙ 12:15-14. hrs

El club waterpolo Santiago:
rinde un homenaje con
un minuto de silencio a
Ignacio Barrio,
fallecido esta semana
IGNACIO, miembro de la antigua directiva de nuestro club
Gracias Ignacio por la dedicación que tuviste con tu club.


Infórmase os pais e deportistas das CATEGORÍAS INFANTIL, ALEVIN, BENXAMIN E PREBENXAMIN, que co motivo das vacacións de SEMANA SANTA, os adestramentos de Sar quedan da seguinte maneira e horario:
LUNS 10, MARTES 11 E MERCORES 12 DE ABRIL o horario de adestramento será de 11h a 12,30h da mañá.
Os adestramentos reanudaranse o martes 18 de abril no seu horario habitual.


A todos os pais e deportistas do club: Informámosvos que o vindeiro sábado día 25 de Marzo , pola Disputa da COPA GALEGA ABSOLUTA non haberá adestramento xa que a piscina estará ocupada polo devandito Campionato.

Santiago, 10 de decembro de 2016
Estimados socios:

Ante a chegada do vindeiro ano, dende a directiva queremos informarvos que por unha banda, ante a diminución do importe das subvencións que ven recibindo o Club Waterpolo Santiago e por outra, que agora o club conta con dous adestradores, vémonos na necesidade, a partir do 1 de xaneiro de 2017, de incrementar a cota mensual en 2 euros.
Lembrámosvos que na anterior tempada non se levou a cabo ningún incremento, a pesar de que o club se fixo cargo de parte dos custos dos torneos e desprazamentos dos xogadores como ven ocorrendo nos últimos anos.
O importante para nos é que os rapaces poidan practicar un deporte tan completo como é o waterpolo, no que todos se sintan a gusto e se formen día a día . Por iso, pensamos que 2 euros non supón un incremento excesivo, e sen embargo, entre todos, podemos facer que o club funcione e acade os seus obxectivos.
As cotas quedaran do seguinte xeito:
Cota mensual deportista a partir de cadete: 27 euros
Cota mensual ata cadete: 25 euros
Cota mensual segundo irmá: 20 euros
Cota mensual non federado: 17 euros
Luis Ferrer Lojo
Presidente Club Waterpolo Santiago

Como cada ano veñen as festas de Nadal, datas nas que hai cambio de horario de adestramento para maior comodidade dos nosos deportistas e que poidan gozar destas bonitas festas. A continuación detallamos os días e horarios de adestramento:
CATEGORIA INFANTIL/ALEVIN/BENXAMIN
CATEGORIAS ABSOLUTA/XUVENIL /CADETE

DENDE O CLUB WATERPOLO SANTIAGO DESEXÁMOSVOS FELICES FESTAS!!!



Horario de adestramentos:
Benxamín, Alevin, Infantil, Cadete, Xuvenil e Absoluto


Ola, todos aqueles deportistas que non entreguen a solicitude de licenza federativa teñen ata o xoves 29 de setembro para entregala. O dia 8 de outubro empezan as ligas galegas e debe estar tramitada con 10 días de antelación, ademais de ser condición indispensable para estar na disciplina do club.





O pasado 25 de xuño os nosos xogadores alevíns desprazáronse con gran ilusión e por terceiro ano consecutivo a Zamora para participar no III Torneo cidade de Zamora, coa participación de equipos de Galicia, Madrid, País Vasco e o club organizador CW Zamora.

Nunha xornada de sábado intensa os nosos mozos obtiveron dúas vitorias (contra ACW por 4-3 e Zamora por 7-3), un empate (ante RCN de Vigo 4-4) e tres derrotas (ante Urbat 9-5, Sestao 8-7 e Vand 9-5), o que propiciou entrar en semifinais como cuarto clasificado e enfrontarse nela ao gañador da liguiña, de novo o equipo madrileño do Vand, onde pese ao bo xogo e as ganas caeron derrotados por 7-4 e supuxo loitar ante ACW polo terceiro e cuarto posto.
Un gran inicio de encontro onde nosos peques chegaron ao descanso vencendo por seis goles a un daba esperanzas de obter a 3° posición final e a pesar dos esforzos dos xogadores de Asociación Coruñesa os santiagueses souberon manter unha cómoda vantaxe para acabar finalmente cun favorable por 13-9 dando unha magnífica terceira posición final.
Polo CW Santiago participaron os seguintes xogadores:
Roberto Carro, Antonio García, Samuel González, Anxo Panero, Fernando Ferrer, Uxía Sanluis, Miguel Barca e Martín Zas, sendo este ultimo o galardoado co Trofeo ao máximo goleador.
