OS ALEVÍNS TERCEIROS NO
III TORNEO CIDADE DE ZAMORA
O pasado 25 de xuño os nosos xogadores alevíns desprazáronse con gran ilusión e por terceiro ano consecutivo a Zamora para participar no III Torneo cidade de Zamora, coa participación de equipos de Galicia, Madrid, País Vasco e o club organizador CW Zamora.
Nunha xornada de sábado intensa os nosos mozos obtiveron dúas vitorias (contra ACW por 4-3 e Zamora por 7-3), un empate (ante RCN de Vigo 4-4) e tres derrotas (ante Urbat 9-5, Sestao 8-7 e Vand 9-5), o que propiciou entrar en semifinais como cuarto clasificado e enfrontarse nela ao gañador da liguiña, de novo o equipo madrileño do Vand, onde pese ao bo xogo e as ganas caeron derrotados por 7-4 e supuxo loitar ante ACW polo terceiro e cuarto posto.
Un gran inicio de encontro onde nosos peques chegaron ao descanso vencendo por seis goles a un daba esperanzas de obter a 3° posición final e a pesar dos esforzos dos xogadores de Asociación Coruñesa os santiagueses souberon manter unha cómoda vantaxe para acabar finalmente cun favorable por 13-9 dando unha magnífica terceira posición final.
Polo CW Santiago participaron os seguintes xogadores:
Roberto Carro, Antonio García, Samuel González, Anxo Panero, Fernando Ferrer, Uxía Sanluis, Miguel Barca e Martín Zas, sendo este ultimo o galardoado co Trofeo ao máximo goleador.