CW SANTIAGO A SEMIFINAIS DA COPA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA

Este sábado día 22/2/25 comezou en As Pontes de García Rodríguez a Copa Galega Absoluta tanto masculina como feminina.

A Copa Galega Absoluta comezou con forza esta fin de semana, ofrecendo vibrantes duelos e momentos de pura adrenalina na piscina As Pontes de García Rodríguez.

Na primeira xornada de cuartos de final, o CW Santiago Master abriu a competición ante o CW Coruña. A pesar de ser derrotado por un axustado 15-11, o noso equipo ofreceu unha gran imaxe, demostrando carácter e dedicación ata o último segundo. O equipo loitou por cada balón e deixou claro que segue sendo un rival competitivo en todos os eventos importantes.

O máis destacado chegou co enfrontamento do CW Santiago da División de Honra ante o temido líder da Liga Galega, o CW Pontevedra. Nun partido de alta tensión e mesmo xogo, ambos os equipos fixeron un espectáculo real, chegando ao final do tempo regulamentario con empate a oito goles.

A emoción pasou aos penaltis, onde o CW Santiago mostrou frialdade e coraxe para gañar por un axustado 6-5, logrando así unha merecida clasificación para as semifinais. 💪🔥

Absololuto Masculino DH do CWS

O seguinte reto será mañá, domingo ás 13.30 horas, onde o CW Santiago enfrontarase ao CW Ourense na loita por un billete para a gran final.

Seguimos soñando e loitando pola gloria!

COPA GALEGA ABSOLUTA DE WATERPOLO MASCULINA E FEMININA

Copa Galega de Waterpolo na piscina de As Pontes de García Rodríguez. Estará organizado por a Fegan e o Concello de As Pontes

🌊 A emoción do waterpolo desátase en As Pontes: Campionato Absoluto Masculino e Feminino 🌊

Este sábado 22 e domingo 23, a localidade de As Pontes converterase no epicentro do waterpolo, ao acoller o esperado Campionato Absoluto Masculino e Feminino. Equipos de toda Galicia reuniránse nesta vibrante competición, donde a destreza e o traballo en equipo se porán a proba na auga.

Un dos clubes que chega con moita moral é o Club Waterpolo Santiago. Tanto o seu equipo masculino como feminino veñen de gañar os seus últimos partidos, o que lles da un impulso significativo de confianza. Os xogadores e xogadoras, baixo a dirección do seu corpo técnico, están listos para afrontar este novo desafío.

Animamos á afición local a encher as gradas e apoiar aos seus equipos, creando un ambiente festivo e cheo de enerxía. Non perdas a oportunidade de presenciar o talento emerxente do waterpolo galego e disfrutar dun espectáculo deportivo de primeiro nivel.

¡Que comece o xogo!

Exhibición e confianza para a Copa.

Vitoria por 4-27 en Lugo

O ultimo partido disputouse na categoria absoluta masculina DH. O alto ritmo de xogo dende o inicio do encontro levounos a unha vitoria concluínte por 4-27. Sen dúbida, o mellor partido da tempada ata o de agora! 💪🔥 Este resultado dálle ao equipo un extra de confianza para afrontar con ilusión a Copa Galega Absoluta, que se disputará a próxima fin de semana en As Pontes.

Absoluto masculino DH.

Paso firme cara o título

As visitantes souberon aproveitar cada cuarto para levarse a vitoria por 7-17, un resultado que lles permite seguir na loita polo título de liga. Gran esforzo de ambos equipos. 

Absoluto femenino DH

 

Dominio absoluto en Lugo, victoria contundente.

  • Dominio absoluto en Lugo:

🏆💦 Partido da categoría cadete mixta!

Gran comezo do equipo de Santiago, que xa no primeiro cuarto conseguiu unha vantaxe cómoda. Isto permitiu que todos os xogadores puidesen participar e sumar minutos na auga. O resultado final reflicte o gran traballo do equipo: vitoria contundente por 1-19.

Partido categoria Cadete Mixta

Xornada perfecta en Lugo

Categoria infantil mixta.
Nova xornada para os equipos do club de waterpolo de Santiago. Este domingo chegou o momento de desprazarse a Lugo para disputar catro partidos nas ligas galegas cun balance positivo de catro vitorias. A primeira tivo lugar na categoría mixta infantil, a pesar dun inicio algo dubitativo do equipo de Santiago, no segundo cuarto distanciáronse para rematar o encontro cunha vitoria concluínte por 2-17.

CONCENTRACIÓN ALEVÍN MASC E FEMENINA ALEVÍN.

Xa temos data para o programa de detección de talentos (seguimento galego de tecnificación de waterpolo)

Domingo 16/2/25 na Piscina: Rosario Dueñas – OURENSE.

“CW Santiago bate primeiro, pero CM Ferrol leva a victoria

Nova xornada das ligas galegas.

Nova xornada das ligas galegas para o CW Santiago, recibiron ao CM Ferrol nas instalacións de Santa Isabel. O partido disputouse na categoría absoluta masculina de DH a pesar do bo comezo dos locais, un curtocircuíto de cinco minutos no segundo cuarto puxo por diante aos visitantes, que xa non perderon a vantaxe e acabaron levando o encontro por un claro 7-12.

 

“CW Santiago compite, pero CM Ferrol leva a vitoria en cadete mixto”

Nova xornada das ligas galegas.

Nova xornada das ligas galegas para o CW Santiago,En Santiago recibiron ao CM Ferrol nas instalacións de Santa Isabel. O partido disputouse na categoría mixta cadete. Onde os locais caeron 10-14 nun partido no que numerosos erros defensivos e unha escasa eficacia de ataque volveron dar a vitoria aos ferroláns.

“CW Santiago loita,pero cae contra CM Ferrol en Alevín”

Nova xornada Alevín das ligas galegas.

Os pequenos do CWSANTIAGO (ALEVÍNS B) recibiron ao CM FERROL nas instalacións de Santa Isabel. O primeiro partido disputouse na categoría alevín, onde o noso equipo B, a pesar de xogar un bo partido, non puido vencer aos ferrolanos que gañaron o partido por un resultado de 2-8.