CRONICA ACW

VITORIA CADETE ANTE ACW

Logo Club Wterpolo Santiago

     O domingo día 28 de maio, disputouse unha nova xornada de liga para o CW Santiago, que lle tocou desprazarse a Coruña para enfrontarse en categoría cadete mixto a Asociación Coruñesa de Waterpolo.

     Os  santiagueses saíron moi enchufados, moi intensos en defensa onde durante os dous primeiros cuartos non concederon situacións de gol ao equipo rival e pese ao pouco  acerto para gol sentenciaron o encontro antes do descanso ao que se chego cun claro cero a seis, partido cómodo que  acabo cun resultado final de dous a quince e que propiciou que os nosos xogadores máis noveis tivesen minutos de cara a partidos de maior dificultade.

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

ACW – CW SANTIAGO  2 – 15 (0-4; 0-2; 1-3; 1-6)

CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, DAMIAN ANTELO (6), GABOR PAZOS (2), ROSALIA REY (1), ALEX GOMEZ (4), IVAN VIEITES (1), LAURA SANLUIS, OSCAR ALVAREZ, PABLO CHICO (1), JORGE RODRIGUEZ, IAGO GARABATO

patrocinadores

CAMPUS WATERPOLO 2017

XOGAR AO WATERPOLO

porteria

Divírtete cos teus amig@os

porteria-1

 

 

 

Aprendendo a xogar ao Waterpolo

Para nen@os entre 6 e 16 anos

campus 2017

patrocinadores

CRÓNICA CAMPIONATO BENXAMIN E GALEGO CADETE

DOBRE SUBCAMPIONATO GALEGO

minuto

Este sábado disputouse nas instalacións de Sta.Isabel, o Campionato galego Benxamín de Verán e o Campionato Galego Cadete Feminino de Verán, cun balance de dous subcampionatos e un terceiro posto para os equipos do CW Santiago participantes.

A xornada comezou coa disputa do primeiro dos tres partidos en categoría benxamín, onde o representante santiagués participou con dous equipos, no “A” os xogadores de ultimo ano benxamín e no”B” o equipo benxamín da vindeira tempada para que vaia collendo partidos e optar ao título de liga como o acadado este ano. Os nosos máis pequenos enfrontábanse ao CW Pontevedra e o resultado foi un sete a dezaseisa favorable aos de Lérez, aínda así nosos máis pequenos loitaron sen desmaio destacando nosa xogadora Saray Guilbert autora de cinco tantos neste encontro.

A continuación xogouse o duelo de equipos santiagueses entre CW Santiago A e CW Santiago B levándose o encontro os primeiros por un claro once a catro despois dun partido moi emocionante que aínda que os máis maiores foron por diante sempre no marcador, non foi ata o terceiro cuarto onde se distanciaron no marcador despois dun parcial de catro a cero.

Por último quedaba a gran final, CW Santiago A e CW Pontevedra xogábanse o titulo, que finalmente caeu de lado dos pontevedreses despois dun partido moi igualado que comezaron gañando os locais, pero que os de Lérez souberon remontar grazas á súa eficacia defensiva e ás numerosas ocasións de gol erradas polos locais. En definitiva unha gran xornada de waterpolo para os máis pequenos que seguen demostrando a súa progresión e as súas ganas de aprender.

CAMPEONATO GALEGO BENXAMIN DE VERÁN

CW SANTIAGO B – CW PONTEVEDRA 7 – 16 (1-3; 1-3; 2-5; 3-5)

CW SANTIAGO B: Guillermo Carrillo (1), Saray Guilbert (5), Alejandro Grego (1), Xoel Otero, Pedro Rubal, Candela Rubal, Ariana Collazo

CW SANTIAGO A – CW SANTIAGO B 11 – 4 (0-1; 2-3; 0-4; 2-3)

CW SANTIAGO A: Magín López, Nicolás Collazo (4), Miguel Palacios (6), Alejandro González (1), Xose Moscoso

CW SANTIAGO B: Guillermo Carrillo (2), Saray Guilbert (1), Alejandro Grego (1), Xoel Otero, Pedro Rubal, Candela Rubal, Ariana Collazo

CW SANTIAGO A – CW PONTEVEDRA 3 – 5 (2-1; 1-2; 0-0; 0-2)

CW SANTIAGO A: Magín López, Nicolás Collazo, Miguel Palacios (2), Alejandro González, Xose Moscoso (1)

Despois do Campionato benjamín, disputouse a final do Campionato Galego Cadete Feminino de Verán, partido que enfrontaba ao CW Santiago e CW Pontevedra, con resultado final de doce goles a catro favorable ás xogadoras visitantes despois dun partido igualado nos dous primeiros cuartos ao que se chegou con empate a dous, pero a partir de aí as de Pontevedra pecharon a defensa e o seu acerto en ataque deulles o título de maneira cómoda a pesar da loita e esforzo das santiaguesas que durante boa parte do encontro estiveron a dar a sorpresa.

Felicitar a todos os nosos equipos polo traballo ben feito que co tempo dará os seus froitos.

 

CAMPIONATO GALEGO CADETE FEMININO DE VERÁN

FINAL CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 4-12 (0-2; 2-0; 0-3; 0-0; 1-4; 1-3)

CW SANTIAGO: Rebeca Gothlin, Saray Guilbert, Martina Couceiro, Laura Sanluis, Rosalía Rey (1), Uxia Sanluis, Natalia Vieites (1), Amanda Prego (2), Elena Vázquez

patrocinadores

CONVOCATORIA CADETE ACW

CWS logo

 

Partido :      ACW – CW SANTIAGO
Categoria:  CADETE MIXTO
Dia:               Domingo 28 de maio de 2017
Hora:            10H
Piscina:       INEF BASTIAGUEIRO
Salida:         8.15h EN COCHES dende Sta.Isabel  

XOGADORES CONVOCADOS

  1. MARTIN TORREIRA
  2. LUIS GUILBERT
  3. DAMIAN ANTELO
  4. GABOR PAZOS
  5. ROSALIA REY
  6. ALEX GOMEZ
  7. IVAN VIEITES
  8. OSCAR ALVAREZ
  9. JORGE GOMEZ
  10. ANTONIO MOSCOSO
  11. PABLO CHICO
  12. JORGE RODRIGUEZ
  13. IAGO GARABATO

patrocinadores

HORARIOS MES DE XUÑO

Logo Club Wterpolo Santiago

HORARIOS MES DE XUÑO DE 2017

Os adestramentos do mes de xuño terán lugar na piscina de Santa Isabel
De luns a venres

∙         de 19:00 a 20:00 hrs. infantís, alevíns e benxamíns

∙         21:30-23:00 hrs, resto de categorias

Sábados

∙         12:15-14. hrs
patrocinadores

CRONICA WEB FINAL LIGA ABSOLUTA 1ª DIVISION 2ºPARTIDO

CW SANTIAGO PERDE O SEGUNDO PARTIDO

Logo Club Wterpolo Santiago

 

Este pasado sábado xogouse o  segundo partido do play off da final da liga Galega Absoluta, onde o CW Santiago tiña a oportunidade de sentenciar a liga se conseguía a vitoria a domicilio nas instalacións de CN Coruña, partido que acabou con vitoria local por un resultado final de once goles a oito, despois dun encontro que comezou con alternativas no marcador, pero que a partir do segundo cuarto os locais distanciáronse no marcador grazas á súa defensa  que os visitantes só puideron romper nunha ocasión entre o segundo e o terceiro cuarto, dando pé a numerosas ocasións para os locais que souberon manter no último cuarto a distancia no marcador e empatar a eliminatoria que se decidirá no desempate e con CN Coruña como local en data aínda por determinar.

 

PLAY OFF FINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 2º PARTIDO

 

CN CORUÑA – CW SANTIAGO  11  – 8  (3-3; 3-1; 3-0; 2-4)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO (1), DAMIAN ANTELO, GABOR PAZOS, LUIS FERRER, ALEJANDRO GOMEZ, BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (4), PABLO SUAREZ, MIGUEL A. BARCA (2), BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA,  JESUS MONTOIRO

patrocinadores