O CW Santiago campión da fase regular da Liga Galega Absoluta masculina

O CW SANTIAGO CAMPIÓN DA FASE REGULAR DA LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA

 

 O CW Santiago acabou líder e proclamándose campión da fase regular da liga galega Absoluta de waterpolo por cuarto ano consecutivo. Non dependían deles, xa que o Galaico Pontevedra só necesitaba un punto na última xornada para proclamarse campión e ter campo a favor nos play off; pero a sorprendente derrota contra Natación Coruña truncou as súas expectativas e deu pé a que os santiagueses foran primeiros, e agora sexa o CW Santiago o que teña campo a favor tanto en semifinais como na final no caso de desempate.

Felicitar a tódolos xogadores do equipo que participaron durante esta parte da liga, e a seguir traballando de cara ós play off que dan comezo o próximo día 3 de marzo en Ferrol contra el Club Marina, e que  este ano se presentan durísimos,  para intentar conseguir un novo título de liga que sería o cuarto consecutivo.

 

 

¡¡¡ÁNIMO CHICOS QUE O PODEMOS CONSEGUIR!!!

Crónica Vigo 09 de febreiro

DERROTA EN INFANTÍS E VICTORIAS DE CADETES E ABSOLUTOS

Nova xornada de liga disputada esta fin de semana dos equipos infantís, cadete e absoluto do CW Santiago, esta vez contra o RCN de Vigo e que depararon dúas de tres victorias (cadetes e absolutos) e unha derrota en infantís.

Os primeiros en lanzarse á piscina foron os xogadores infantís, que nada puideron facer ante un equipo moi superior fisicamente, pero os nosos xogadores deron o máximo e se estiveran máis acertados de cara á portería o resultado tería estado moito máis xusto. Felicitalos polo esforzo en cada partido e polo traballo diario, que ó final seguro que da os seus froitos.

CATEGORIA INFANTIL

CW SANTIAGO – RCN VIGO  3-13 (1-5; 1-3; 1-4; 0-1)

Javier Romaris, Daniel Pérez, Otto Gothlin, Alexo Castro, Rosalía Rey, Alex Gómez (1), Gabor Pazos, Esteban Carrillo, Roberto Vieiro, David Romeu, Alejandro Valle (2), Bruno Sampaño.

 

O seguinte partido enfrentou ós cadetes de ámbolos equipos e que, como nos últimos partidos disputados, resultou moi igualado; producíndose esta vez si a primera victoria da temporada do noso equipo nesta categoría que se produxo a falta de só dous segundos para o término do partido e que non fai máis que ver o progreso dos nosos xogadores desde o inicio da temporada. Felicitar ó equipo e animar a que sigan traballando igual ou mellor todavía.

CATEGORIA CADETE

CW SANTIAGO – RCN VIGO  9-8 (2-3; 3-1; 1-0; 3-4)

Carlos Viaño, Miguel Fernández (1), Jorge Lareu, Pablo Suarez (8), Luis Ferrer, Héctor Taboada, Nazaret Mayo, Daniel Pérez, Miguel de Uña, Bruno Sampaño.

 

Por último disputouse o partido na categoría absoluta cunha contundente victoria sen paliativos dos xogadores santiagueses que, despois dun primeiro parcial igualado por mor dos errores en ataque, un segundo cuarto impecable deu por sentenciado o partido. Destacar a boa defensa dos nosos xogadores que mantiveron a cero tres dos catro cuartos.

CATEGORIA ABSOLUTA

CW SANTIAGO – RCN VIGO  15-1 (2-1; 6-0; 3-0; 4-0)

Davis Raposo, Adrian Campaña (3), Luis Ferrer, Fernando Mayer (1), Héctor Taboada, Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (3), Angel Carro, Pablo Suarez (4), Alberto Tome (3).

 

Esta próxima fin de semana de novo xornada de liga, esta vez sábado 16, partido de 2ª división entre CW Santiago “B” e Ourense, e o domingo 17 en Coruña os equipos Cadete, Infantil e Benxamín.

Crónica Pontevedra 02 de febreiro

TRIPLE DERROTA CONTRA O GALAICO PONTEVEDRA

 Este sábado día 2 de febreiro o CW Santiago desplazouse a Pontevedra para disputar unha nova xornada da liga cos equipos benxamín, infantil e absoluto “B”, foi unha xornada aciaga en canto a resultados aínda que non no xogo.

Os primeiros en entrar en acción foron os xogadores máis pequenos do clube, os benxamíns seguen demostrando que teñen moi bo futuro e aínda que o resultado foi desfavorable, o xogo e as ganas dos máis pequenos foi unha das mellores novas da xornada. En resumo bo partido, tres das catro partes foron moi igualadas, e só un pequeno baixón e a entrada dos máis pequenos á auga propiciaron un resultado desfavorable no terceiro cuarto. Aínda así, e sen dar maior importancia ó resultado, o futuro destes peques é innegable.

CATEGORIA BENXAMÍN

CWG.PONTEVEDRA – CW SANTIAGO   6-3 (1-1; 1-1; 4-0; 0-1)

Roberto Carro, Luis Guilbert (1), Mauro Rodríguez, Santiago Esturao, Andrés Amado, Fernando Ferrer (1), Daniel Ferreira (1), Sabela Ferreira.

Os seguintes en entrar en acción foron os xogadores infantís, que chegaron ó último cuarto igualados contra o mellor equipo galego en categoría infantil, despois de realizar un segundo cuarto moi bo, e que a punto estiveron de dar a sorpresa, pero ó final a maior calidade do equipo pontevedrés non deu lugar a sorpresa pese ó gran partido realizado polos nosos xogadores.

CATEGORIA INFANTIL

CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO  11-8 (2-1; 0-4; 4-1; 5-2)

Javier Romaris, Daniel Pérez (1), Otto Gothlin, Alexo Castro, Luis Guilbert, Alex Gómez (1), Sara Valle, David Romeu, Alejandro Valle (6), Bruno Sampaño, Manuel Cebey.

Por último disputouse o partido da segunda división entre os dous equipos “B”, que á postre foi o partido máis desigual de todos, e que se decidiu nos dous primeiros cuartos que deixaron o partido sentenciado despois de que Pontevedra aproveitara as súas ocasións e os nosos xogadores as desaproveitaran. Partido de altibaixos que deben intentar mellorar.

CATEGORIA ABSOLUTA 2ª DIVISION

CWG PONTEVEDRA “B” – CW SANTIAGO “B” 15-7 (4-0; 6-1; 3-2; 2-4)

Carlos Viaño, José Mª del Rio, Ramón Turnes (1), Héctor Taboada, Carlos Bouzas, Angel Carro, Jacobo Pérez (1), Luis Ferrer, Bruno Sampaño, Pablo Suarez, Alberto Tome (4)

 

Esta próxima fin de semana nova xornada de liga, esta vez contra o RCN Vigo en Sta.Isabel en categoría INFANTIL ás 16.15h, CADETE ás 17.30h e ABSOLUTO ás 19h.

¡¡ Esperámosvos para apoiar ós nosos equipos!!!!