DERROTA EN INFANTÍS E VICTORIAS DE CADETES E ABSOLUTOS
Nova xornada de liga disputada esta fin de semana dos equipos infantís, cadete e absoluto do CW Santiago, esta vez contra o RCN de Vigo e que depararon dúas de tres victorias (cadetes e absolutos) e unha derrota en infantís.
Os primeiros en lanzarse á piscina foron os xogadores infantís, que nada puideron facer ante un equipo moi superior fisicamente, pero os nosos xogadores deron o máximo e se estiveran máis acertados de cara á portería o resultado tería estado moito máis xusto. Felicitalos polo esforzo en cada partido e polo traballo diario, que ó final seguro que da os seus froitos.
CATEGORIA INFANTIL
CW SANTIAGO – RCN VIGO 3-13 (1-5; 1-3; 1-4; 0-1)
Javier Romaris, Daniel Pérez, Otto Gothlin, Alexo Castro, Rosalía Rey, Alex Gómez (1), Gabor Pazos, Esteban Carrillo, Roberto Vieiro, David Romeu, Alejandro Valle (2), Bruno Sampaño.
O seguinte partido enfrentou ós cadetes de ámbolos equipos e que, como nos últimos partidos disputados, resultou moi igualado; producíndose esta vez si a primera victoria da temporada do noso equipo nesta categoría que se produxo a falta de só dous segundos para o término do partido e que non fai máis que ver o progreso dos nosos xogadores desde o inicio da temporada. Felicitar ó equipo e animar a que sigan traballando igual ou mellor todavía.
CATEGORIA CADETE
CW SANTIAGO – RCN VIGO 9-8 (2-3; 3-1; 1-0; 3-4)
Carlos Viaño, Miguel Fernández (1), Jorge Lareu, Pablo Suarez (8), Luis Ferrer, Héctor Taboada, Nazaret Mayo, Daniel Pérez, Miguel de Uña, Bruno Sampaño.
Por último disputouse o partido na categoría absoluta cunha contundente victoria sen paliativos dos xogadores santiagueses que, despois dun primeiro parcial igualado por mor dos errores en ataque, un segundo cuarto impecable deu por sentenciado o partido. Destacar a boa defensa dos nosos xogadores que mantiveron a cero tres dos catro cuartos.
CATEGORIA ABSOLUTA
CW SANTIAGO – RCN VIGO 15-1 (2-1; 6-0; 3-0; 4-0)
Davis Raposo, Adrian Campaña (3), Luis Ferrer, Fernando Mayer (1), Héctor Taboada, Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (3), Angel Carro, Pablo Suarez (4), Alberto Tome (3).
Esta próxima fin de semana de novo xornada de liga, esta vez sábado 16, partido de 2ª división entre CW Santiago “B” e Ourense, e o domingo 17 en Coruña os equipos Cadete, Infantil e Benxamín.