CRONICA PLAY OFF ABSOLUTO (2)

NOVA DERROTA NO SEGUNDO
PARTIDO DA FINAL PARA O CW SANTIAGO

rana_logo

Despois do primeiro revés sufrido por parte do CW Santiago no primeiro partido da final do Play Off da Liga Galega de primeira división, este pasado domingo os santiagueses desprazáronse a Pontevedra para intentar igualar a eliminatoria e poder volver a Santiago para xogar o terceiro encontro. Pero nun partido moi igualado, de novo a maior efectividad dos do Lérez, lles dió o encontro e a segunda vitoria tras vencer por un axustado trece a doce que lles deu o título de liga.
Un partido onde os santiagueses non souberon en ningún momento atopar o equilibrio entre defensa e ataque, o que provocou que o partido fósese a un marcador alto e é aí onde os locais con maior efectividad no último cuarto, souberon impoñerse logo de tres parciais que acabaron en empate, pero obtendo a vitoria final e consecuentemente, o título de liga.

absoluto03

FINAL PLAY OFF LIGA GALLEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION – 2º PARTIDO

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO     13 – 12 (3-3; 4-4; 3-3; 3-2)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, PABLO CHICO, ENMANUEL NIETO, LUIS FERRER (1), ALEJANDRO GOMEZ (5), PABLO PIÑEIRO (1), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), DAMIAN ANTELO (1), ANGEL CARRO, BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, PABLO SUAREZ (1)

patrocinadores

 

 

CRONICA PLAY OFF ABSOLUTO

Derrota no primeiro partido da final para o CW Santiago

rana_logo

Por fin deu comezo o play off final da liga Galega Absoluta de Primeira división. Este pasado sábado disputouse o primeiro encontro ao mellor de tres partidos e non puido empezar de peor maneira para o CW Santiago que caeu derrotado na piscina de Santa Isabel ante o CW Pontevedra. Un axustado seis a sete nun partido no que notouse o parón dos santiagueses que levaban un mes e medio sen xogar ,despois de solucionar cómodamente a súa semifinal, a falta de datas e o parón de semana santa cara a de este partido. Un partido trampa como así foi, aínda que os santiagueses mandaron durante os dous primeiros cuartos, xogaron demasiado acelerados e con ansiedade por solucionar o encontro, cousa que notaron no terceiro cuarto, onde un parcial de cero a tres para os de Lérez, púxoos por diante no marcador, que souberon aguantar no último cuarto a pesar da insistencia e a loita dos locais que terán que mellorar varios aspectos para o segundo partido que disputarase o próximo día cinco de maio en Pontevedra.

 

FINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISIÓN

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA
6 – 7
(1-1; 3-2; 0-3; 2-1)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, PABLO CHICO, ENMANUEL NIETO, LUIS FERRER, ALEJANDRO GOMEZ (1), PABLO PIÑEIRO (2), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (2), DAMIAN ANTELO, ANGEL CARRO, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA, GABOR PAZOS

patrocinadores

PLAY OFF LIGA GALEGA ABSOLUTA

CW SANTIAGO vs CW PONTEVEDRA

 

Logo Rana

 

“O vindeiro sábado 27 de abril dará inicio a final do play off da Liga Galega Absoluta de 1° División entre o CW SANTIAGO E O CW PONTEVEDRA, logo de poñerse de acordo ambos equipos para non interferir na Fase de Ascenso a 2° División Nacional que deben disputar os santiagueses a partir do 10 de maio.

ABSOLUTOS PLAY OFF.jpg

As datas para a final autonómica serán a xa mencionada do 27 de abril ás 20.45h na piscina de Santa Isabel, quedando o domingo 5 de maio ás 12.30h en Pontevedra o segundo enfrontamento e o 25 de maio o terceiro partido no caso de que fose necesario de novo en Santiago”

patrocinadores

CRONICA FIN SEMANA

VITORIA ABSOLUTA EN SEMIFINAIS PLAY OFF

Logo rana

     Comezou este pasado fin de semana, os Play off da liga galega absoluta de 1ª división. Coa disputa do primeiro partido de semifinais que enfrontaba ao club waterpolo Santiago e ao club mariña Ferrol, con vitoria clara dos santiagueses por un contundente catorce a oito, que lle deixa a unha vitoria de meterse na final. Bo partido dos santiagueses que xa decidiran o encontro ao descanso ao que se chegou logo de gañar os dous primeiros parciais por catro a dous e catro cero, cunha boa defensa e unha gran claridade en ataque, que daba un claro oito a dous que fixo que os dous últimos cuartos, houbese minutos para os menos habituais e que con dous parciais que acabaron en empate dous a dous no terceiro cuarto e catro a catro no cuarto e definitivo deu o resultado final de catorce goles a oito e o primeiro partido da semifinal aos santiagueses.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
PLAY OFF SEMIFINAL 1º PARTIDO

CW SANTIAGO –  CM FERROL   
           14 –  8 
(4-2; 4-0; 2-2; 4-4)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, GABOR PAZOS, ALEX GOMEZ (3), BRUNO SAMPAÑO (2), ALEJANDRO PADILLA, PABLO PIÑEIRO (5), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (3), JORGE RODRIGUEZ, DAMIAN ANTELO (1), LUIS FERRER, PABLO CHICO, IAGO GARABATO.

DIVISION

2018-01-21_01

     Ademais da disputa do play off, tamén se xogaron tres partidos máis da liga galega de categorías que ante o club waterpolo Pontevedra. O primeiro encontro en disputarse foi en categoría benjamín, onde se enfrontaban os dous únicos equipos da categoría e que logo de vencer os santiagueses por dez a tres conseguiron sumar o seu segundo título, esta vez o de liga, logo de gañar xa o campionato galego de inverno. FELICITAR aos nosos pequenos polo seu gran traballo e bo xogo e polo seu merecido triunfo.

LIGA GALEGA BENJAMIN

CLUB WATERPOLO SANTIAGO –   CLUB WATERPOLO PONTEVEDRA
          10 – 3 
(3-0; 4-1; 1-2; 2-0)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ (1), SARAY GUILBERT (3), PEDRO RUBAL (2), CANDELA RUBAL (1), ALEJANDRO GREGO, IRENA ORDOÑEZ, ALEX GONZALEZ, CARLA DIAZ, GUILLERMO CARRILLO (3), BIEITO CARBALLO.

DIVISION

     Tamén houbo enfrontamento en categoría alevín entre ambos conxuntos esta vez era o equipo A de os santiagueses os que se enfrontaban aos pontevedreses e nun bo partido dos alevines conseguiron a vitoria con fases de bo xogo ante un equipo visitante que nunca se rendeu e que durante fases do encontro achegáronse no marcador despois de que os locais distanciásense nos dous primeiros parciais cun claro cinco a un, un mal terceiro cuarto con erros en defensa achegou aos visitantes ata un inquietante seis a catro, pero axústelos en defensa e a maior eficacia en ataque dos locais volveulles a distanciar para acabar o encontro cun resultado de once a seis final para os locais do club waterpolo Santiago.

LIGA GALEGA ALEVIN

CW SANTIAGO “A” – CW PONTEVEDRA
                  11 – 6
(2- 0; 3-1; 1-3; 1-0; 2-1; 2-1)

CW SANTIAGO: MATEO LAMAS (1), CARLOS ORDOÑEZ (1), JESUS PEREZ (1), RAUL SEOANE (2), UXIA SANLUIS (1), YAGO DIAZ (2), ALEX GONZALEZ, LUCAS GARCIA (2), MIGUEL BARCA (1), EREA VIDAL

DIVISION

     Para rematar disputouse o encontro en categoría infantil, onde os locais enfrontábanse ao club waterpolo Pontevedra A caendo derrotados por un claro tres quince, que e pese ao abultado do marcador destacar tamén fases de bo xogo sobre todo en defensa, pero un primeiro e terceiro parcial onde os locais se despistaron e a maior calidade dos visitantes deixou o partido sentenciado, partido para coller experiencia e seguir traballando para ir mellorando cada adestro e partido.

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA
                3 – 15
(0-4; 1-1; 0-2; 1-6; 0-0; 1-2)

CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ, ANGEL RODRIGUEZ, HENOK MARTINEZ, FERNANDO FERRER (2), UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA, SAMUEL GONZALEZ, YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO (1), JESUS PEREZ, MATEO LAMAS

patrocinadores

Crónica 2º partido Play Off

CW SANTIAGO EMPATA O PLAY OFF FINAL DA LIGA

O CW Santiago empatou o play off final da liga galega Absoluta despois de gañar na piscina de Sta.Isabel ó outro finalista,  o CWG Pontevedra, nun partido marcado pola igualdade e que foi definitivo o terceiro cuarto onde o equipo santiagués mantivo a portería a cero e soubo controlar o final do partido aínda acercándose o equipo visitante a un só gol a falta de dous minutos, pero unha xogada en superioridade na seguinte xogada de ataque e a falta dun minuto e medio colocou o definitivo nove a siete que xa non se moveu ata ó final pese á insistencia do equipo visitante.

Comenzou o partido cun bo tono defensivo do CW Santiago que ademáis soubo acertar nas primeiras xogadas de ataque colocándose cun esperanzador dous a cero, que daba confianza ós seguidores santiagueses nunha piscina de Sta. Isabel cun ambiente extraordinario e cunha asistencia de público excepcional que deu moito ambiente ó partido, pero os xogadores de Pontevedra empataron o encontro ó final do cuarto, e continuou coa la mesma tónica no segundo cuarto, sempre adiantándose o equipo local e empatando o visitante. O terceiro cuarto foi practicamente definitivo, xa que os santiagueses conseguiron despegarse dous goles arriba e manter a portería a cero e souberon manter a renta de dous goles ata o final, que lle daba o empate no play off, e deixa para o próximo día 18 de mayo a resolución desta liga galega tan igualada.

CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA  9 – 7 (2-2; 3-3; 2-0; 2-2)

 David Raposo, Adrián Campaña, Luis Ferrer, Dani García (1), Borja Iglesias, Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño, Dani Tomé, Ángel Carro, Pablo Suárez (3), Alberto Tomé (1), Carlos Viaño.

Crónica Play Off 1º

DERROTA DO CW SANTIAGO NO 1º PARTIDO DO PLAY OFF

Este sábado día 20 de abril disputouse en Pontevedra o primeiro partido do play off final da Liga Galega de waterpolo entre o CWG Pontevedra e o CW Santiago.

Como se prevía foi un partido moi igualado que se decidiu a favor de Pontevedra no último cuarto despois dun partido moi intenso, que sempre foi un gol arriba ou abaixo durante a maioría do encontro e que pese ó gran esforzo dos nosos xogadores o maior acerto final de Pontevedra, deu a victoria ó equipo local. Destacar a gran actitude dos nosos xogadores que nunca se rinderon ata o final do partido.

O próximo partido disputarase o próximo sábado 27 de abril ás 18.30h na piscina de Sta.Isabel en Santiago, onde necesitaremos o apoyo de toda a nosa xente para animar ó noso equipo e conseguir chegar ó terceiro partido.  Esperamos a maior asistencia para animar.

PLAY OFF FINAL LIGA ABSOLUTA

CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO  14 – 12 (3-3; 3-2; 5-6; 3-1)

Mateo Raposo, Adrián Campaña (1), Luis Ferrer, Fernando Mayer (1), Borja Iglesias, Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo, Antonio Caamaño, Daniel Tomé (1), Ángel Carro, Pablo Suarez (2), Alberto Tomé (4)

¡¡¡TODOS CONVOCADOS O SÁBADO 27 ÁS 18.30H EN STA.ISABEL PARA ANIMAR ÓS NOSOS XOGADORES!!!

¡¡¡O VOSO APOIO SERÁ FUNDAMENTAL!!!

Crónica CW Santiago 9 marzo

CW SANTIAGO CLASIFICADO PARA O PLAY OFF FINAL DA LIGA

Por cuarto ano consecutivo o CW Santiago loitará polo título da liga territorial galega absoluta, despois de vencer pola vía rápida ó C. Marina Ferrol nas semifinais. Venceron este sábado no segundo partido de forma contundente e, despois de realizar os dous primeiros cuartos excelentes de xogo, deixaron sentenciado o partido ante un rival que sempre adoita complicar as cousas ó equipo santiagués, pero que cunha defensa moi sólida e un ataque ben equilibrado sentenciou cun oito goles a dous antes da metade do partido.

PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALLEGA ABSOLUTA 1ªDIVISION

CW SANTIAGO – CM FERROL 12 – 5 (4-0; 4-2; 2-2; 2-1)

David Raposo, Adrian Campaña (1), Ramón Turnes, Fernando Mayer (1), Borja Iglesias, Pablo Piñeiro (6), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (2), Luis Ferrer, Angel Carro, Pablo Suarez (1), Alberto Tomé, Mateo Raposo.

Pola súa parte o noso equipo “B” con varias baixas na súa alineación, colleitou outra victoria esta moito máis axustada, na liga da 2ª división, despois de vencer ó CW Padrón por un resultado dun gol arriba. Destacar o gran esforzo realizado polos nosos xogadores que ó final conseguiron impoñerse tras remontar no terceiro cuarto e xa non deixar de ir por diante no marcador.

LIGA GALLEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION

CW SANTIAGO “B” – CW PADRON 13 – 12 (2-3; 2-2; 5-3; 4-4)

Carlos Viaño, Ramón Turnes (1), Luis Ferrer, Angel Carro, Jacobo Pérez, Yago Veiga, Daniel Tome (3), Pablo Suarez (3), Alberto Tome (6), Bruno Sampaño.

ESTA PRÓXIMA FIN DE SEMANA, O CW SANTIAGO DESPLÁZASE A CORUÑA PARA DISPUTAR UNHA NOVA XORNADA DA LIGA GALEGA ABSOLUTA DE 2ª DIVISION E DA LIGA GALEGA ALEVÍN. OS DOUS PARTIDOS CONTRA ASOCIACIÓN CORUÑESA DE WATERPOLO.

Crónica domingo 3 marzo Ferrol

PRIMEIRA VICTORIA NO PLAY OFF SEMIFINAL E TRES DERROTAS NA LIGA

Este domingo as categorías alevín, infantil e cadete, desplazáronse a Ferrol para disputar unha nova xornada da liga, nas súas respectivas categorías contra o Club Marina Ferrol. Así mesmo, o equipo absoluto empezou o play off semifinal contra os absolutos do mesmo equipo, co que foi unha tarde de catro partidos intensos que se saldaron coa victoria nos absolutos e a derrota do resto de equipos.

Os primeiros en lanzarse á auga foron os alevíns do clube, moi mermados por diversas baixas conseguiron realizar durante tres cuartos un partido moi igualado e que non puido aguantar o seu empuxe nos tres últimos cuartos.

CATEGORIA ALEVÍN

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO   13 – 4 (2-0; 1-1; 3-3; 3-0; 3-0; 1-0)

Jorge Gómez, Luis Guilbert (1), Roberto Vieiro, Gabor Pazos (2), Alex Gómez (1), Daniel Ferreira, Berta Cobas, Miguel Castro.

 

O seguinte partido en disputarse foi na categoría cadete onde, aínda que o resultado foi claro en contra do noso equipo, os nosos xogadores vaciáronse e seguiron traballando cun bo xogo en defensa, pero con moitos fallos en ataque, aínda que siguen na súa boa liña de mellora.

CATEGORIA CADETE

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO   9 – 2 (2-0; 4-1; 2-0; 1-1)

Carlos Viaño, Miguel Fernández (1), Jorge Lareu, Pablo Suarez, Luis Ferrer, Daniel Pérez, David Romeu, Miguel de Uña, Bruno Sampaño (1), Manuel Cebey.

 

O último partido da liga foi na categoría infantil onde, ademáis de ter un cincuenta por cento de xogadores alevíns e un benxamín, se notou moito a baixa dalgún xogador infantil xa que fisicamente pouco poden facer os nosos xogadores contra o maior físico dos equipos contrarios, e que ó final ocasionou a maior derrota da tarde. Aínda así aplaudir o esforzo de tódolos xogadores do noso equipo.

CATEGORIA INFANTIL

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO 14 – 4 (5-0; 3-1; 4-1; 2-2)

Javier Romaris, Daniel Pérez (1), Otto Gothlin (1), Alexo Castro, Roberto Vieiro, Alex Gómez, Gabor Pazos, Miguel Castro, Luis Guilbert, David Romeu (2), Bruno Sampaño, Manuel Cebey.

 

O último partido da tarde foi o que enfrentou ós equipos absolutos de ámbolos dous clubes no primeiro partido do play off semifinal da liga absoluta. Partido, coma sempre que se xoga nesa piscina, igualado e que se decidiu nun parcial claro no segundo cuarto, aínda que a punto estivo de complicarse no último cuarto, despois de ir por diante todo o partido con dous e tres goles de diferencia os locais acercáronse ata estar un gol por debaixo, quedando todavía tres minutos para acabar o partido, aínda que o equipo soubo reaccionar e facer dous goles nos dous seguintes ataques para volver colocar as cousas no seu sitio.

CATEGORIA ABSOLUTA – PLAY SEMIFINAL 1º PARTIDO

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO   9 – 12 (2-2; 2-5; 1-2; 4-3)

David Raposo, Adrian Campaña (2), Luis Ferrer, Daniel García, Pablo Piñeiro (2), Brais Raposo (2), Antonio Caamaño, José Mª del Rio, Angel Carro, Pablo Suarez, Alberto Tome (5), Carlos Viaño.

 

ESTE PRÓXIMO SÁBADO 9 DE MARZO NOVA XORNADA DE LIGA EN SANTA ISABEL DO EQUIPO “B” CONTRA PADRÓN, E O SEGUNDO PARTIDO DO PLAY OFF SEMIFINAL CONTRA MARINA FERROL, A PARTIR DAS 17.15h.

¡¡¡ESPERÁMOSVOS A TODOS PARA ANIMAR ÓS NOSOS EQUIPOS!!!

O CW Santiago campión da fase regular da Liga Galega Absoluta masculina

O CW SANTIAGO CAMPIÓN DA FASE REGULAR DA LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA

 

 O CW Santiago acabou líder e proclamándose campión da fase regular da liga galega Absoluta de waterpolo por cuarto ano consecutivo. Non dependían deles, xa que o Galaico Pontevedra só necesitaba un punto na última xornada para proclamarse campión e ter campo a favor nos play off; pero a sorprendente derrota contra Natación Coruña truncou as súas expectativas e deu pé a que os santiagueses foran primeiros, e agora sexa o CW Santiago o que teña campo a favor tanto en semifinais como na final no caso de desempate.

Felicitar a tódolos xogadores do equipo que participaron durante esta parte da liga, e a seguir traballando de cara ós play off que dan comezo o próximo día 3 de marzo en Ferrol contra el Club Marina, e que  este ano se presentan durísimos,  para intentar conseguir un novo título de liga que sería o cuarto consecutivo.

 

 

¡¡¡ÁNIMO CHICOS QUE O PODEMOS CONSEGUIR!!!