TRIPLE DERROTA CONTRA O GALAICO PONTEVEDRA
Este sábado día 2 de febreiro o CW Santiago desplazouse a Pontevedra para disputar unha nova xornada da liga cos equipos benxamín, infantil e absoluto “B”, foi unha xornada aciaga en canto a resultados aínda que non no xogo.
Os primeiros en entrar en acción foron os xogadores máis pequenos do clube, os benxamíns seguen demostrando que teñen moi bo futuro e aínda que o resultado foi desfavorable, o xogo e as ganas dos máis pequenos foi unha das mellores novas da xornada. En resumo bo partido, tres das catro partes foron moi igualadas, e só un pequeno baixón e a entrada dos máis pequenos á auga propiciaron un resultado desfavorable no terceiro cuarto. Aínda así, e sen dar maior importancia ó resultado, o futuro destes peques é innegable.
CATEGORIA BENXAMÍN
CWG.PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 6-3 (1-1; 1-1; 4-0; 0-1)
Roberto Carro, Luis Guilbert (1), Mauro Rodríguez, Santiago Esturao, Andrés Amado, Fernando Ferrer (1), Daniel Ferreira (1), Sabela Ferreira.
Os seguintes en entrar en acción foron os xogadores infantís, que chegaron ó último cuarto igualados contra o mellor equipo galego en categoría infantil, despois de realizar un segundo cuarto moi bo, e que a punto estiveron de dar a sorpresa, pero ó final a maior calidade do equipo pontevedrés non deu lugar a sorpresa pese ó gran partido realizado polos nosos xogadores.
CATEGORIA INFANTIL
CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 11-8 (2-1; 0-4; 4-1; 5-2)
Javier Romaris, Daniel Pérez (1), Otto Gothlin, Alexo Castro, Luis Guilbert, Alex Gómez (1), Sara Valle, David Romeu, Alejandro Valle (6), Bruno Sampaño, Manuel Cebey.
Por último disputouse o partido da segunda división entre os dous equipos “B”, que á postre foi o partido máis desigual de todos, e que se decidiu nos dous primeiros cuartos que deixaron o partido sentenciado despois de que Pontevedra aproveitara as súas ocasións e os nosos xogadores as desaproveitaran. Partido de altibaixos que deben intentar mellorar.
CATEGORIA ABSOLUTA 2ª DIVISION
CWG PONTEVEDRA “B” – CW SANTIAGO “B” 15-7 (4-0; 6-1; 3-2; 2-4)
Carlos Viaño, José Mª del Rio, Ramón Turnes (1), Héctor Taboada, Carlos Bouzas, Angel Carro, Jacobo Pérez (1), Luis Ferrer, Bruno Sampaño, Pablo Suarez, Alberto Tome (4)
Esta próxima fin de semana nova xornada de liga, esta vez contra o RCN Vigo en Sta.Isabel en categoría INFANTIL ás 16.15h, CADETE ás 17.30h e ABSOLUTO ás 19h.
¡¡ Esperámosvos para apoiar ós nosos equipos!!!!