Este próximo sábado 29 de setembro, empeza a temporada do CW SANTIAGO coa celebración da Supercopa Galega de Waterpolo Absoluta, título que se disputa entre o Galaico Pontevedra (Subcampeón de Liga e Copa) e o CW Santiago (Campeón de Liga e Copa).
O enfrontamento terá lugar no CTGD de Pontevedra ás 17h, e con el iniciamos unha nova temporada que esperamos sexa tan existosa como a anterior.
¡¡¡ÁNIMO EQUIPO e moita sorte!!!