Esta pasada fin de semana comezou a liga galega de waterpolo para o CW Santiago, contra o C.Marina Ferrol,
xogando catro categorías e cun resultado dunha victoria e tres derrotas; victoria na categoría absoluta, e derrotas nas categorías alevín, cadete e infantil.
Empezou a xornada e por tanto o debut, coa categoría alevín, perdendo por un resultado de dúas partes a catro, aínda que cun equipo na súa maioría de xogadores de segundo ano, que souberon poñer en problemas ó equipo ocntrario cun xogo moi activo e unha gran defensa. Bo debut e gran comportamento dos nosos xogadores máis pequenos, que souberon loitar ata o final.
O resultado final foi: 2-4 (1-0; 0-1; 0-1; 0-1; 0-1; 1-0)
Por parte do noso equipo participaron: J.Gomez, L.Guilbert, R.Vieiro(1), G.Pazos(1), R.Rey, A.Gomez(2), S.Valle(1), E.Carrillo, D.Ferreira, Y.Missler(1) e Berta Cobas.
O seguinte partido correspondeu ó equipo cadete, no que hai moitos xogadores que pasaron de categoría este ano,
e incluso algún xogador con moi pouco tempo no equipo. O partido foi igualado en tres das catro partes, pero un
parcial de cero-cinco no segundo foi determinante, xa que o resto dos cuartos se resolveron con parciais igualados sempre cun gol de diferencia.
O resultado final foi: 4-12 (0-1; 0-5; 1-2; 3-4)
Por parte do noso equipo participaron: C.Viaño, H.Taboada, J.Lareu (1), P.Suarez (1), L.Ferrer (1), M.Del Puerto, N.Mayo, A.Ortega, M.Fernandez (1), M.De Uña, A.Valle, B.Sampaño e A.Castro.
O terceiro partido en disputarse foi en categoría infantil, un partido moi igualado no que ó final a maior puntería do equipo ferrolán decantou o partido ó seu favor, aínda que o noso equipo loitou sempre e estivo en todo momento no partido.
O resultado final foi: 8-12 (2-3; 1-3; 3-3; 2-3)
Por parte do noso equipo participaron: J.Romaris, D.Perez, O.Gothlïn, A.Castro, A.Valle (2), A.Gomez (1), G.Pazos, E.Carrillo, S.Valle, R.Rey, B.Sampaño (4) e M.Cebey (1)
O último partido celebrado foi na categoría absoluta, onde se obtivo unha victoria máis complicada do esperado,
xa que os debuts ligueiros sempre son difíciles, pero as ganas puideron ó xogo. Aínda que o resultado final foi claro, non se decidiu ata mediados do terceiro cuarto, no que o noso equipo colleu unha renta de tres goles, acabando o partido cunha diferencia de 10 goles a favor.
O resultado final foi: 18-8 (3-2; 4-3; 5-3; 6-0)
Por parte do noso equipo participaron: M.Raposo, A.Campaña, L.Ferrer, D.Garcia (1), P.Suarez, P.Piñeiro (3), B.Raposo (3), A.Caamaño (6), A.Carro (1), R.Gallego (2), A.Tome (2) e H.Bujan.
O PRÓXIMO SÁBADO DÍA 13 de OUTUBRO CONTINÚAN OS PARTIDOS DE LIGA EN STA.ISABEL CONTRA CN CORUÑA, EN CATEGORÍA INFANTIL E ABSOLUTO “B”