Este pasado sábado día 13 de outubro tivo lugar nas piscinas de Sta.Isabel unha nova xornada de liga nas categorías infantil e absoluta de 2ª división dos nosos equipos do clube, con sendas victorias contra CN Coruña.
A xornada empezou coa categoría infantil onde o noso equipo xogou un partido moi completo apabullando a un equipo coruñés que cabe dicir tiña moitos xogadores de menor categoría; a superioridade dos nosos xogadores quedou reflexada no resultado final.
CATEGORIA INFANTIL
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 23 – 2 (6-0; 5-1; 6-0; 7-1)
J.Romaris, O.Gothlin, A.Castro (4), A.Valle (4), A.Gomez (2), G.Pazos, Rosalía Rey, Sara Valle, D.Romeu (1), B.Sampaño (8) e M.Cebey (4)
O segundo e último partido enfrontou ós dous equipos “B” de Santiago e Coruña, que resultou un partido moi igualado durante os dous primeiros cuartos, con diferecias dun gol arriba e abaixo, no terceiro cuarto os coruñeses deron un estirón marchándose de dous goles, pero que ó final se puido remontar realizando un último cuarto espectacular tanto en defensa como en ataque, destacando varios xogadores, pero principalmente Fernando Mayer, autor de cinco goles.
CATEGORIA ABSOLUTA 2ª DIVISION
CW SANTIAGO “B” – CN CORUÑA “B” 9 – 7 (2-2; 1-0; 1-4; 5-1)
A. García; A. Pallares; X.L. Sio (1); F.Mayer (5); J.M.del Rio; A.Carro; R.Gallego (1); C.Bouzas; P.Suarez; A. Tomé (2)
e C. Viaño.
Cabe dicir que antes de comezar a xornada houbo un partido amistoso entre os dous equipos femininos de ámbolos clubes como inicio tamén desta temporada do noso equipo e que esperemos que non sexa nada máis que o principio de varios.
Na próxima fin de semana, o sábado día 20, temos nova xornada na nosa piscina, con triple enfrontamento contra o mesmo equipo, CN Coruña, pero en categorías ABSOLUTA 1ª DIVISION, CADETE E ALEVIN.
¡¡¡Contamos convosco para animar!!!