Este sábado día 20 o Clube Waterpolo Santiago xogou de novo tres partidos da liga galega, na categoría alevín, cadete e absolutos contra o CN Coruña.
O sábado comezou co equipo alevín, que no seu enfrontamento contra os alevíns do natación Coruña, realizaron un moi bo partido, sendo o resultado final de derrota por dous goles ainda que ata o final tiveron opcións de gañar. Destacar a melloría dos xogadores do clube santiagués, que despois dun mal comezo souberon repoñerse para case gañar o partido, pero non foi así polas claras ocasións falladas.
CATEGORIA ALEVIN
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 6 – 8 (1-3; 0-0; 0-3; 2-1; 2-0; 1-1)
Jorge Gomez (1), Luis Guilbert, Roberto Vieiro (2), Gabor Pazos (1), Rosalia Rey (1), Alex Gomez (1), Sara Valle, Esteban Carrillo, Daniel Ferreira, Yasim Missler, Berta Cobas e Laura Sanluis.
Despois dos alevíns, tocoulle o turno ós cadetes, que pouco puideron facer máis que loitar o máximo contra o mellor equipo cadete de Galicia, sucumbindo por un resultado moi claro, aínda que cabe destacar o primeiro carto que realizaron e a súa loita continua.
CATEGORIA CADETE
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 5 – 17 (2-4; 0-5; 2-5; 1-3)
Carlos Viaño, Miguel Fernández (1), Jorge Lareu, Pablo Suárez (2), Luis Ferrer (1), Nazaret Mayo, Héctor Taboada (1), Alejandra Rey, Miguel de Uña, Bruno Sampaño e Alexo Castro.
Por último disputouse partido na categoría absoluta, que despois dun comenzo moi pouco esperanzador por parte dos nosos xogadores durante un primeiro cuarto sen chispa, souberon reaccionar e lograr unha victoria importante, despois de vencer nos parciais do segundo, terceiro e cuarto cuartos. Destacar a gran actuación do noso porteiro Hugo Buján, con paradas de gran mérito.
CATEGORIA ABSOLUTA
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 14 – 8 (2-4; 5-2; 3-0; 4-2)
Hugo Bujan, Adrian Campaña (1), Luis Ferrer, Fernando Mayer (3), Borja Iglesias, Pablo Piñeiro (4), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (4), Angel Carro, Raul Gallego, Pablo Suarez e Mateo Raposo.
LEMBRAR QUE ESTA SEGUINTE FIN DE SEMANA VOLTAMOS TER XORNADA DE LIGA NA PISCINA DE STA.ISABEL A PARTIR DAS 16H, CO DEBUT POR PRIMEIRA VEZ DOS XOGADORES MÁIS PEQUENOS DO CLUBE, OS NOSOS BENXAMÍNS, ADEMÁIS DOS ALEVÍNS, INFANTÍS E O EQUIPO ABSOLUTO “B”.