Nova fin de semana de liga do CW Santiago, en catro categorías, saldado cunha victoria e tres derrotas, contra o CW Galaico Pontevedra este pasado sábado na piscina de Sta. Isabel.
A xornada comezou co debut por primeira vez na historia do clube, do equipo benxamín, e non puido comezar mellor, xa que conseguiron a única victoria dos catro partidos disputados, cun claro nove a dous, cun comezo como é normal de nerviosismo na súa primeira actuación e que despois do primeiro cuarto bateron ó equipo contrario.
CATEGORÍA BENXAMÍN
CW SANTIAGO – CW G.PONTEVEDRA 9 – 2 (0-1; 5-0; 1-1; 3-0)
Roberto Carro, Luis Guilbert (6), Mauro Rodríguez, Santiago Esturao, Andrés Amado, Fernando Ferrer (1), Daniel Ferreira (2), Sabela Ferreira.
Despois da victoria dos benxamíns, tocoulle ó noso equipo alevín, que como a semana anterior, xogou un partido moi igualado que acabou pagando o mal inicio nos dous primiros cuartos e, acabou perdendo por cinco goles a sete.
CATEGORÍA ALEVÍN
CW SANTIAGO – CW G.PONTEVEDRA 5 – 7 (0-1; 0-2; 3-3; 0-1; 1-0; 1-0)
Jorge Gómez, Luis Guilbert, Roberto Vieiro, Gabor Pazos (2), Rosalía Rey (1), Alex Gómez, Sara Valle (1), Esteban Carrillo, Yasin Missler (1), Berta Cobas.
O terceiro partido que disputou o CW Santiago foi en categoría infantil, que despois de poñerse por diante no primeiro cuarto, acabou sendo abatido polos infantís pontevedreses con moita máis calidade por un contundente vinteún a catro.
CATEGORÍA INFANTIL
CW SANTIAGO – CW G.PONTEVEDRA 4 – 21 (1-4; 0-7; 2-5; 0-9)
Javi Romaris, Daniel Pérez, Otto Gothlin, Alexo Castro, Alex Valle (1), Alex Gómez, Gabor Pazos, Esteban Carrillo, Sara Valle, David Romeu, Rosalía Rey, Bruno Sampaño (3), Manuel Cebey.
O último partido en disputarse foi o de 2ª división, entre os dous equipos “B” de ámbolos dous clubes, que resultou moi igualado durante tres cuartos, pero que un parcial de dous a oito no terceiro, decidiu o partido.
CATEGORIA 2ª DIVISION ABSOLUTA
CW SANTIAGO “B” – CW G.PONTEVEDRA “B” 7 – 13 (2-2,; 1-2; 2-8; 2-1)
Carlos Viaño, Adrian Pallares, José Mª del Rio, Fernando Mayer (3), Luis Ferrer, Calos Bouzas, Angel Carro, Yago Veiga, Xose Lois Sio, Pablo Suarez, Alberto Tome (3), Hugo Bujan.
O PRÓXIMO SÁBADO DÍA 3, O CW SANTIAGO DESPLÁZASE A PONTEVEDRA PARA XOGAR UNHA NOVA XORNADA DE LIGA, EN CAGORÍA ALEVÍN, CADETE E ABSOLUTO 1ªDIVISIÓN.