O EQUIPO BENXAMÍN DO CW SANTIAGO CAMPIÓN DA 1ª LIGA GALEGA DE WP

O EQUIPO BENXAMÍN DO CW SANTIAGO CAMPIÓN DA 1ª LIGA GALEGA DE WP

Este pasado sábado día 18 o CW Santiago disputou a última xornada de liga en categorías benxamín, infantil e cadete con boas noticias para o noso clube, xa que o equipo benxamín do CW Santiago proclamouse campión da primeira liga galega de waterpolo benxamín, grazas a súa vitoria ante ACW por un contundente tres a cero no total de partes e un resultado total de nove a dous. Xa no primeiro cuarto o equipo santiagués defendeu moi ben e conseguiu un parcial de tres a cero, que sumando os dous seguintes cuartos coa portería a cero distanciouse ata un parcial de sete a cero quedando o último cuarto para que os dous equipos sumaran dous goles que deron o resultado final. FELICITAR aos máis pequenos do clube que co seu logro dan outro título ao clube e o primeiro desta categoría estrenada este ano.

 

LIGA GALEGA BENXAMIN

 

CW SANTIAGO – ACW 3 – 0 (3-0; 2-0; 2-0; 2-2)

 

Roberto Carro (1), Luis Guilbert (2), Santiago Esturao (1), Fernando Ferrer, Daniel Ferreira (4), Sabela Ferreira, Nerea Carrillo

FELICIDADES CAMPIÓNS!!!

O seguinte partido xogado foi en categoría infantil, onde a punto estiveron os xogadores de Santiago de conseguir empatar o partido que se escapou por un só gol, pese ás baixas e xogando cun nutrido grupo de alevins os  nosos xogadores deron o máximo e a punto estiveron de dar a sorpresa que se escapou a falta dun minuto da conclusión do partido. Felicitar polo esforzo e a progresión dos nosos xogadores.

 

LIGA GALEGA INFANTIL

 

CW SANTIAGO – ACW 6 – 7 (2-0; 0-2; 3-3; 1-2)

 

Antón Gendra, Daniel Pérez, Otto Gothlin, Alexo Castro, Rosalía Rey, Alex Gómez, Gabor Pazos, Esteban Carrillo, David Romeu, Alex Valle (6), Luis Guilbert, Manuel Cebey

 

Por último celebrouse o último partido en categoría cadete, onde os nosos xogadores conseguiron unha vitoria por sete goles a tres e terminando unha segunda volta da liga en franca progresión despois de conseguir dúas vitorias e dous empates nos últimos seis partidos demostrando que o traballo que veñen realizando dende o principio da tempada está dando os seus frutos.

 

LIGA GALLEGA CADETE

 

CW SANTIAGO – ACW 7 – 3

 

Carlos Viaño, Miguel Fernández (1), Jorge Lareu (1), Pablo Suarez (3), Luis Ferrer (1), Héctor Taboada (1), Alexo Castro, Daniel Pérez, David Romeu, Miguel de Uña, Alex Valle, Alejandro Rodríguez, Manuel Cebey

 

 

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s