O Club Waterpolo Santiago gaña o primeiro título en xogo da tempada

Este pasado sábado día 19 comezou a tempada 2013/2014 coa disputa da Supercopa Galega Absoluta, primeiro título da tempada, que se celebrou en Pontevedra co enfrontamento entre o CWGalaico Pontevedra e o CWSantiago.

EquipoCampión
Equipo do Club Waterpolo Santiago que gañou a Supercopa Galega de Waterpolo o 19 de outubro de 2013 en Pontevedra

O partido celebrado ás 17 h, foi a primeira pedra de toque desta nova tempada, e ¡non puido empezar mellor! cun parcial de tres a dous a favor do noso equipo pero, no segundo cuarto o Galaico Pontevedra púxose por diante despois de dous minutos de desacerto, cun parcial de tres a cero, aínda que os nosos xogadores acabaron recortando a diferenza a un só gol no descanso, ao que se chegou cun resultado de cinco a catro a favor do equipo de Pontevedra.

O equipo recibe instruccións do seu adestrador nun tempo morto
O equipo recibe instruccións do seu adestrador nun tempo morto

O terceiro cuarto foi decisivo xa que cun xogo mais dinámico e con máis mobilidade, os nosos xogadores conseguiron adiantarse cunha diferenza de dous goles para rematar o cuarto cun sete a nove a favor dos santiagueses, que, aínda que, con susto ao principio do último cuarto, onde Pontevedra empatou de novo moi rápido, souberon manter a calma e materializar as ocasións para rematar cun resultado favorable de dez a trece ao final do partido.

Felicitar aos nosos xogadores que esta tempada, con incorporación de xogadores moi novos, queren seguir a liña destes últimos anos.

O equipo na piscina, xunto co seu adestrador, celebrando o triunfo
O equipo na piscina, xunto co seu adestrador, celebrando o triunfo

SUPERCOPA GALEGA ABSOLUTA

CW GALAICO PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 10 -13 (2-3; 3-1; 2-5; 3-4)

CW SANTIAGO: David Raposo, Miguel Fernández, Luis Ferrer, Fernando Mayer (3), Héctor Taboada, Pablo Piñeiro (2), Brais Raposo (2), Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez (3), Angel Carro (1), Bruno Sampaño, Adrian Campaña (1), Carlos Viaño

O noso capitán, Antonio Caamaño, Toño, recibe o trofeo que acredita o título acadado polo equipo
O noso capitán, Antonio Caamaño, Toño, recibe o trofeo que acredita o título acadado polo equipo

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s