PARTIDOS DO PASADO SÁBADO, 26 de OUTUBRO

UNHA VICTORIA E DÚAS DERROTAS CONTRA MARINA FERROL

Este pasado sábado, 26 de Outubro,  comenzou a liga para tres das cinco categorías do CW Santiago, xogouse en Sta.Isabel e o equipo contrario foi o  C.Marina Ferrol.

Os primeiros en lanzarse á auga foron os xogadores alevíns do clube que tiñan un duro enfrontamento ante un equipo alevín de Ferrol que sempre  gañou aos santiagueses.

Esta vez, a punto estivo de romperse o maleficio, xa que, a pesar de que acabaron perdendo durante moitas  fases do encuentro, os santiagueses, nun magnifico partido, foron por diante no marcador. A igualdade foi o tono de todo o partido que se decidiu, finalmente, por un só gol a falta de dous segundos para acabar o encuentro.

Destacar a entrega e gañas dos nosos xogadores, algúns da categoría benxamín, e varios que acaban de pasar a formar parte do equipo alevín no seu primero ano na categoría.

 CATEGORIA ALEVIN

CW SANTIAGO – CMARINA FERROL   8-9    (1-1; 2-1; 1-1; 0-2; 3-1; 1-3)

Roberto  Carro, Luis Guilbert (1), Santiago Esturao, Daniel Ferreira (1), Fernando Ferrer, Alex Gómez (6), Jorge Gómez, Nerea Carrillo

Os seguintes en lanzarse á auga foron os xogadores cadetes. Un equipo con novas incorporacións o cal anunciaba un partido complicado que,  a pesar de que acabou en derrota e aínda que hai moito que mellorar, foi un magnifico partido, sobre todo defensivamente.

Rematou o terceiro cuarto cun resultado de dous  a catro pero, o último cuarto condenounos con tres erros; nembargantes, isto tennos  que dar moita moral para seguir traballando.

CATEGORIA CADETE

CW SANTIAGO – CMARINA FERROL    2-7    (0-1; 1-3; 1-0; 0-3)

Javier Romaris, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Otto Gothlin, Alejandro Valle (1), Usía Taboada, David Romeu, Jesús Montoiro (1), Miguel de Uña,  Xoaquin Gendra, Bruno Sampaño, Antón Gendra.

Por último foi o equipo absoluto o que acabou a xornada. Nun partido que se anunciaba complicado, xa que Ferrol sempre é un equipo problemático para os nosos xogadores polo seu xogo un pouco anárquico pero, cun primeiro cuarto espectacular e un parcial de cinco a cero, deixou o partido prácticamente resolto, ainda que,  a relaxación ao final deixou un resultado más igualado do que foi o partido.

CATEGORIA ABSOLUTA

CW SANTIAGO – CMARINA FERROL     11-6   (5-0; 2-2; 4-1; 0-3)

David  Raposo, Miguel Fernández, Luis Ferrer, Fernando Mayer (1), Héctor Taboada, Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo, Antonio Caamaño (6), Pablo Suarez, Angel Carro (1), Bruno Sampaño, Adrian Campaña, Carlos Viaño.

A SEGUINTE  XORNADA É O PRÓXIMO SÁBADO, 2 DE NOVEMBRO, CONTRA O RCN DE VIGO nas piscinas de Sta.Isabel  a partir das 15:45h.

AGARDAMOSVOS A TODOS PARA ANIMAR AOS NOSOS.

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s