CRÓNICA do SÁBADO 2 de NOVEMBRO

VICTORIA   EN   ABSOLUTOS,

DERROTAS   EN   CATEGORIAS

 

 

 

Este pasado sábado o CW Santiago disputou a segunda xornada ligueira da tempada sendo o noso rival o RCN de Vigo.

Comenzou a xornada coa categoría Alevín que, despois do bó partido realizado a semana pasada, continuo coa mesma tónica, e só un parcial no quinto cuarto, de un a seis, desequilibrou un partido que na súa maioría estivo outra vez moi igualado, aínda que ao final o resultado foi de seis a dieciséis; foi demasiado abultado para os méritos de ambolos dous equipos.

Seguide traballando así peques, que tendes moito futuro!

CATEGORIA ALEVIN

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO    6 – 16 (2-3; 1-4; 0-1; 1-1; 1-6; 1-2)

Roberto Carro, Luis Guilbert (1), Santiago Esturao, Daniel Ferreira, Anxo Pazos, Alex Gómez (5), Jorge Gómez, Anxo Panero.

O seguinte partido foi o debut do equipo Infantil. Un equipo xoven pero con moitas gañas de aprender, xogando o seu primeiro partido en piscina grande. Estiveron moi ben colocados e con gañas de facer cousas, aínda que, o maior poder físico dos xogadores de Vigo foi demasiado para o noso equipo, composto, na súa maioría por xogadores de primeiro ano de infantil.

CATEGORIA INFANTIL

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO   3 – 17 (0-2; 1-3; 0-1; 0-3; 0-1; 2-1; 0-3)

Martin Torreira, Daniel Pérez, Roberto Vieiro, Gabor Pazos, Rosalía Rey, Alex Gómez (3), Miguel Castro, Esteban Carrillo, Luis Guilbert,  Damián Antelo, Antonio Moscoso, Manuel Cebey, Jorge Gómez

Despois dos infantís, tocalles aos xogadores Cadetes, e despois da boa imaxe dada o pasado sábado contra Ferrol, esta vez tocou a cruz, nun partido no que os nosos xogadores vironse amplamente superados por un equipo de Vigo que barreu aos santiagueses dende o primeiro cuarto.

CATEGORIA CADETE

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO  4 – 21 (0-7; 2-2; 1-7; 1-5)

Javier Romaris, Miguel Fernández (1), Tristán Ron, Otto Gothlin, Alejandro Valle (1), Uxia Taboada, David Romeu, Carlos Miras, Jesús Montoiro (1), Miguel de Uña, Xoaquin Gendra, Bruno Sampaño (1), Antón Gendra

Por último, o noso equipo Absoluto lanzouse á auga. Nun partido que se auguraba complicado pola falta de varios xogadores, entre eles os tres porteiros, que por diferentes motivos non poideron asistir ao encontro, pero que, pese a todo, e coa moi boa participación dos nosos porteiros cadetes, acabaron vencendo claramente ante un equipo de Vigo que nunca se rendiu. Destacar a gran actuación de Brais Raposo que realizou, quizás, un do seus mellores partidos co noso equipo.

CATEGORIA ABSOLUTA

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO  16 – 9 (3-1; 3-3; 6-3; 4-2)

Antón Gendra, Miguel Fernández, Jacobo Pérez, Fernando Mayer (1), Héctor Taboada, Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo (5), Antonio Caamaño (4), Pablo Suarez (1), Angel Carro (1), Bruno Sampaño, Javier Romaris

ESTE PRÓXIMO FIN DE SEMANA DEBUTA O NOSO EQUIPO ABSOLUTO “B”, EN OURENSE.

MOITA  SORTE NO SEU DEBUT!!!

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s