UNNA VICTORIA E UNHA DERROTA CONTRA MARINA FERROL
De novo, unha xornada mais de liga para os nosos equipos, o pasado sábado 23, que se saldou cunha derrota en categoría infantil ante un dos principais favoritos a gañar a liga, e unha victoria do noso equipo “B”, ante un duro e correoso equipo ferrolá.
O primeiro partido foi en categoría infantil, onde os nosos xogadores deron unha imaxe brillantisima ante un equipo ferrolá que se postula a ser un dos principais favoritos nesta liga, arrancou o partido cun certo nerviosismo por parte dos nosos xóvenes xogadores pero que, despois de dous cuartos, empezaron a soltarse e a sorprender a todo o publico da piscina polas súas gañas e gran facer ante un equipo que, como a maioría da nosa liga, son superiores físicamente pero non en gañas. Felicitar a todos os nosos xogadores pola gran entrega e sobre todo pola gran progresión que están levando e coa que sorprenden en cada partido.
LIGA GALEGA INFANTIL
CW SANTIAGO – CNM FERROL 6-15 (0-3; 1-2; 1-2; 0-3;0-3; 1-0; 2-2; 1-0)
CW SANTIAGO: Martin Torreira, Daniel Pérez (2), Roberto Vieiro (1), Gabor Pazos(1), Rosalia Rey (1), Alex Gomez, Miguel Castro, Esteban Carrillo, Paulo Junqueira, Damian Antelo (1), Antonio Moscoso.
Despois do gran partido infantil, lanzaronse á auga os equipos “B” de ambos clubes, nun partido moi igualado que se decidiu no ultimo minuto do partido, no que os nosos xogadores conseguiron unha renda de tres goles, que foi a máxima, nun partido cheo de altibaixos con momentos de moi bó xogo e momentos espesos que fixo que o encontro fora tan igualado ante un equipo moi forte, como son sempre os xogadores de ferrol, aínda que tamén hai que dicir que os xogadores santiagueses estiveron sempre por diante no marcador e, aínda que con moi poca renda, nunca viron perigrar o resultado final.
LIGA GALEGA 2º DIVISION
CW SANTIAGO “B” – CNM FERROL 10-8 (1-0; 2-2; 3-2; 4-4)
CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez, Luis Ferrer, Fernando Mayer(2), Hector Taboada, Pablo Piñeiro (4), Brais Raposo, Ramon Turnes, Pablo Suarez (1), Angel Carro (3), Bruno Sampaño, Jose Mª del Rio, Anton Gendra
O PROXIMO FIN DE SEMANA DESPRAZAMENTO A PONTEVEDRA PARA AS CATEGORIAS BENXAMIN, ALEVIN, CADETE E ABSOLUTO.
MOITO ANIMO E MOITA SORTE!!!!