Por razóns imprevistas, o clube acumulou retraso no cobro das cotas de entrenamento e cotas de socio dende o mes de Agosto deste ano 2013.

A partires do mes de Outubro a Xunta Directiva decide subcontratar o proceso e comézase a emitir recibos para recuperar as cotas pendentes, nas seguintes datas:

  • 08/10/2013: cotas Agosto.
  • 16/10/2013: cotas Setembro.
  • 16/10/2013: licenzas federativas; primeiro grupo.
  • 07/11/2013: cotas de outubro e gastos fase de ascenso (primeiro pago)
  • 07/11/2013: licenzas federativas; segundo grupo.
  • 18/11/2013: cotas novembro.

Con estas emisións recuperase a normalidade na emisión de cotas de entrenamento na vindeira cota do mes de decembro, que se enviará ao banco na primeira semana do mes. Xunto coa mesma, e só para os xogadores afectados, engadirase o segundo pago dos gastos da fase de ascenso da tempada 2012-2013. A partires do mes de Xaneiro emitirase unha cota por mes nos primeiros días do mes correspondente.

A cota de socio do ano 2013 enviarase ao cobro aproximadamente pola metade do mes de Decembro de 2013. Lémbrase que esta cota é de 23 euros por ano. A cota do ano 2014 cobrarase no primeiro trimestre.

Calquer consulta ou incidencia pode ser remitida á conta recibos@cwsantiago.com, que é atendida pola empresa subcontratada.

Por parte da Xunta Directiva, pedir disculpas a tódolos socios e xogadores e animalos a comentar as incidencias que poidan xurdir no funcionamento operativo do clube; a nosa estrutura é moi amateur e, a consecuencia delo, circunstancias como esta son mais frecuentes do desexable, polo que comentar os problemas detectados coa Xunta Directiva axuda a correxi-los o antes posible.

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.

A Presidenta,

Cristina Yáñez Vázquez.

Advertisements

About Club Waterpolo Santiago

Blog oficial del Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s