UNHA VICTORIA E DÚAS DERROTAS CONTRA A CORUÑA
Este pasado domingo, día 26, os nosos equipos volveron a xogar unha nova xornada de liga, esta vez en Santiago e contra Natación Coruña. Disputaronse tres partidos, empezando coa categoría alevín e, como na maioría dos partidos do noso equipo, as gañas e o esforzo non foi suficiente para derrotar ao equipo alevín de A Coruña que cun partido moi serio derrotou aos de Santiago por cuatro a trece. Destacar o gran esforzo dos nosos xogadores que pouco a pouco vanse superando e que non se dan nunca por vencidos.
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 4-13 (0-3; 0-1; 1-3; 1-2; 1-1; 1-3)
CW SANTIAGO: Fernando Ferrer, Luis Guilbert, Santi Esturao, Alex Gómez (4), Denis Miguez, Nerea Carrillo, Malco Gómez
O seguinte equipo en lanzarse á auga foi o noso equipo cadete, nun encontro onde o primeiro parcial do noso equipo encarrilou a primeira victoria dos nosos xogadores, os que cun xogo serio conseguiron distanciarse cun parcial de cuatro a cero, que cimentou a primeira victoria na liga e que supuxo un premio ao esfuerzo que están realizando nos entrenos, cousa que se plasmou na piscina ante un equipo coruñés moi xoven pero tamén moi correoso.
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 16-6 (4-0; 4-3; 4-1; 4-2)
CW SANTIAGO: Javier Romaris, Miguel Fernández (6), Jorge Lareu, Otto Gothlin, Alex Valle, Uxia Taboada, David Romeu, Tristán Ron, Jesús Montoiro (4), Miguel de Uña (1), Xoaquin Gendra (1), Bruno Sampaño (4), Antón Gendra
O último partido que se disputou fooi o que enfrentou a ambos clubes na categoría absoluta de segunda división cos equipos “B”, un partido que ao contrario do día anterior, en Pontevedra, estivo moi igualado durante todo o partido e poidose decantar a favor de calquera dos dous equipos pero que, finalmente, o levou natación Coruña por un só gol de diferencia, sendo quizáis o mellor partido disputado, no que vai de liga, polos nosos xogadores que sí mantuvieron durante todo o partido unha intensidade e tensión que proporcionou un partido de alta tensión. Felicitar aos dous equipos polo gran partido realizado.
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 11-12 (3-4; 2-3; 3-1; 3-4)
CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Luis Ferrer (2), Alberto Cabrera, Héctor Taboada, Jacobo Pérez, José Mª de Rio, Yago Veiga, Pablo Suarez (1), Angel Carro (5), Ramón Turnes (1), Pablo Pieroni (2), Javier Romaris.
Este próximo fin de semana nova xornada de liga, esta vez os nosos equipos desprazaranse a Vigo para xogar en categorías Absoluta, Cadete, Infantil e Alevín.