NOVA XORNADA DE LIGA EN VIGO CUNHA VICTORIA E TRES DERROTAS
Este pasado sábado, día un de Febreiro, o CW Santiago desplazouse a Vigo para disputar unha nova xornada de liga galega dos nosos equipos. Esta vez, foron catro categorías as que se desprazaron e que, despois da disputa dos partidos, ainda que houbo tres derrotas, as sensacións foron dunha melloría considerable en todas as categorías.
O primeiro partido en disputarse foi o que enfrentou aos equipos absolutos. Cun resultado favorable para o noso equipo, grazas a un segundo cuarto onde se resolveu o partido despois dun xogo cheo de altibaixos, e onde os nosos xogadores tiveron un gran acerto goleador pero estiveron regulares na defensa, algo que se ten que mellorar de cara a partidos vindeiros onde realmente fará falla ese traballo.
RCN VIGO – CW SANTIAGO 10 – 18 (2-4; 1-5; 4-5; 3-4)
CW SANTIAGO: David Raposo, Miguel Fernández, Luis Ferrer, Héctor Taboada, Pablo Piñeiro(7), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (2), Pablo Suarez(3), Angel Carro(2), Pablo Pieroni(1), Adrian Campaña(2), Carlos Viaño.
De seguido, tocoulle o turno aos equipos infantís. Un partido moi diferente ao xogado en Santiago, onde os vigueses foron moi superiores e aínda que houbo, de novo, victoria viguesa, o partido foi moito máis igualado entre os dous equipos, o que demostra que a progresión dos nosos xogadores segue sendo moi boa e cada partido que xogan melloran ao anterior.
RCN VIGO – CW SANTIAGO 10 – 5 (1-0; 0-0; 3-1; 1-1; 2-1; 0-0; 1-0; 2-2)
CW SANTIAGO: Martin Torreira, Daniel Pérez, Roberto Vieiro, Gabor Pazos, Rosalía Rey, Alex Gómez (4), Luis Guilbert (1), Esteban Carrillo, Damián Antelo, Antonio Moscoso, Manuel Cebey.
Despois dos infantís, tocoulles o turno aos equipos cadetes e, coma no encontro infantil, a punto estiveron, os nosos xogadores, de sorprender aos vigueses, pero un terceiro cuarto onde cometeron un par de erros defensivos deu unha victoria moito máis folgada, do que parece, aos xogadores vigueses, aínda que con outras sensacións moito máis positivas que no partido da primeira volta.
RCN VIGO – CW SANTIAGO 10- 5 (2-1; 2-2; 4-0; 2-2)
CW SANTIAGO: Javier Romaris, Miguel Fernández (2), Jorge Lareu, Otto Gothlin, Alex Valle (1), Uxia Taboada, David Romeu (1), Tristán Ron, Jesús Montoiro (1), Miguel de Uña, Xoaquin Gendra, Bruno Sampaño, Antón Gendra.
Por último, acabaron a xornada os equipos alevíns. Nun partido que, os nosos xogadores máis peques aguantaron ata o último cuarto, e que, despois dun primeiro cuarto onde estiveron desubicados, aguantaron o partido ata que o físico chegou ao seu fin, algo que demostra o esforzo que realizan e máis tendo en conta, outra vez, que a maioría deles non son xogadores da categoría senon unha categoría inferior.
RCN VIGO – CW SANTIAGO: 16 – 6 (4-0; 1-1; 3-3; 2-1; 2-1; 4-0)
CW SANTIAGO: Roberto Carro, Luis Guilbert (1), Santiago Esturao, Daniel Ferreira, Fernando Ferrer, Alex Gómez (5), Nerea Carrillo, Malco Gómez, Anxo Pazos.
Este próximo fin de semana dobre xornada para o clube. Sábado o equipo “B” en Santiago ante o CW Ourense, e o domingo os partidos aprazados contra Asociación Coruñesa en categorías cadete, infantil e alevín.