DOBRE XORNADA CON DÚAS VICTORIAS E UN EMPATE
Dobre xornada de liga a disputada este pasado fin de semana polos nosos equipos, con resultados positivos, tan só unha derrota, dúas victorias e un empate.
Empezou o fin de semana cunha nova xornada da liga galega de 2ª División, onde o noso equipo “B” obtivo un empate ante o CW Ourense, despois dun partido onde ningún dos dous equipos conseguiu distanciarse no marcador cunha diferencia maior a dous goles, reflexo da gran igualdade, lastima das ocasións claras falladas polos nosos xóvenes xogadores que probablemente houbesen decantado o marcador para os santiagueses.
CATEGORIA ABSOLUTA 2ªDIVISION
CW SANTIAGO – CW ORENSE 11 – 11 (3-4; 2-1; 2-2; 4-4)
CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Ramón Turnes (1), Alberto Cabrera, Héctor Taboada, Jacobo Pérez, Yago Veiga, Pablo Suarez (2), Angel Carro (3), Luis Ferrer (2), Pablo Pieroni (3), Antón Gendra.
Continuaron os partidos cun desprazamento o domingo a A Coruña, para xogar cos nosos equipos nun triple enfrentamento ante ACW en categorías cadete, infantil e alevín.
A xornada en A Coruña empezou coa categoría cadete de ambos clubes, cun partido favorable ao CW Santiago, nun partido moi irregular con fases boas de xogo, e fases mais irregulares, pero, ao final, a maior calidade dos nosos xogadores conseguiu decantar o marcador cara os santiagueses.
CATEGORIA CADETE
ACW – CW SANTIAGO 3 – 8 (1-1; 0-2; 1-2; 1-3)
CW SANTIAGO: Javier Romaris, Miguel Fernández (5), Jorge Lareu, Otto Gothlin (1), Alex Valle (1), Uxia Taboada, David Romeu, Tristán Ron, Jesús Montoiro, Miguel de Uña, Xoaquin Gendra, Bruno Sampaño (1), Antón Gendra.
O seguinte encontro en disputarse foron os equipos infantís de ambos equipos, onde esta vez os xogadores coruñeses conseguiron a victoria grazas a súa maior efectividade de cara á portería, xa que os nosos xogadores non tiveron o día e chegaron a fallar ata tres penaltis e varias ocasións claras que poderían haber cambiado o signo do partido, aínda que cada partido que xogan a melloría faise extensiva a todos os xogadores e promete bos resultados en vindeiros partidos.
CATEGORIA INFANTIL
ACW – CW SANTIAGO 7 -5 (1-0; 1-1; 2-1; 1-0; 0-1; 2-1; 0-1)
CW SANTIAGO: Martin Torreira, Luis Guilbert, Roberto Vieiro, Gabor Pazos (2), Rosalía Rey, Alex Gómez (3), Miguel Castro, Esteban Carrillo, Damián Antelo, Antonio Moscoso, Manuel Cebey.
O último partido en disputarse foi en categoría alevín, onde os xogadores santiagueses conseguiron unha victoria moi folgada, sempre mandando no marcador e cunhas sensacións moi boas que ao igual que os xogadores infantís, demostran día a día a súa melloría con partidos con moitas gañas e intensidade e bo facer. Destacar o retorno da nosa xogadora Sara Valle, que lle deu maior poder tanto defensivo como ofensivo ao noso equipo.
CATEGORIA ALEVIN
ACW – CW SANTIAGO 5 – 13 (1-2; 0-3; 3-4; 0-3; 1-1)
CW SANTIAGO: Roberto Carro, Luis Guilbert (1), Santiago Esturao, Daniel Ferreira (2), Fernando Ferrer, Alex Gómez (5), Sara Valle (2), Nerea Carrillo (1), Malco Gómez (1), Anxo Pazos, Anxo Panero (1).
Este próximo sábado nova xornada de liga galega, esta vez importantísimos partidos en categoría infantil e sobre todo absoluta contra natación Coruña,
NECESITAMOS, MAIS QUE NUNCA, O VOSO APOIO NESTA IMPORTANTE XORNADA, ANIMAROS A QUE VEÑADES A ANIMAR AOS NOSOS XOGADORES!!!