NOVA XORNADA CON EMPATE E DERROTA

 

NOVA  XORNADA  CON  EMPATE  E  DERROTA

Nova xornada de liga, a disputada este pasado fin de semana, do CW Santiago. Esta vez con dobre enfrentamento contra o CN Coruña que se saldou cunha derrota e un empate en dous partidos tremendamente igualados.

O primeiro deles enfrentou aos xogadores infantís de cada clube, nun partido que, durante gran parte del, foron por diante os xogadores  santiagueses e no que se entrou no último cuarto cun resultado moi igualado. Pero, a maior efectividade dos xogadores coruñeses decantou o marcador ao seu favor cunha diferencia de dous goles. Cabe destacar que os nosos xogadores están cada vez máis cerca da victoria e que, continuando co traballo que están realizando, pronto chegara.

Moito ánimo aos  rapaces que o están facendo moi ben.

LIGA GALLEGA INFANTIL

CW SANTIAGO – CN CORUÑA  8 – 10 (1-1; 2-1; 0-1; 1-1; 1-0; 1-2; 1-2; 1-2)

CW SANTIAGO: Martin Torreira, Luis Guilbert, Roberto Vieiro, Gabor Pazos, Rosalía Rey (1), Alex Gómez (4), Miguel Castro, Esteban Carrillo (3), Jorge Gómez, Damián Antelo, Antonio Moscos, Manuel Cebey.

O segundo e último partido foi o que xogaron os equipos absolutos de ambolos dous clubes. Dous dos favoritos para conquistar a liga. Foi un autentico festival ofensivo onde non existieron as defensas. Durante todo o partido houbo máxima igualdade xa que ningún equipo poido escaparse no marcador cunha diferencia maior a un gol, excepto no último cuarto onde os coruñeses se escaparon de dous goles a falta de catro minutos para acabar o partido, pero unha última reacción dos santiagueses deulles o empate a falta de cincuenta e dous segundos. Aínda que, tamén é certo que, nese último minuto aínda huobo opcións para que calquera dos dous equipos se levara a victoria.

LIGA GALLEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION

CW SANTIAGO – CN CORUÑA  17 – 17 (3-3; 6-5; 2-3; 6-6)

CW SANTIAGO: David Raposo, Miguel Fernández, Luis Ferrer, Héctor Taboada, Pablo Piñeiro (4), Brais Raposo (2), Antonio Caamaño (4), Pablo Suarez (2), Angel Carro (2), Pablo Pieroni (1), Adrian Campaña (2), Carlos Viaño.

Este próximo fin de semana dobre xornada dos nosos equipos.

Sábado CAMPEONATO GALEGO XUVENIL nas instalacións de Sta.Isabel e o domingo desprazamento a Ferrol dos equipos Alevín e Absolutos “B” para unha nova xornada de liga.

 

 

 

 

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s