Hola a tod@s:
Dende o clube queremos animar a tódolos nosos asociados a acudir a presenciar o campionato galego xuvenil de waterpolo, que se celebrará o vindeiro sábado 22 de febreiro na Piscina de Santa Isabel.
Tratáse dunha oportunidade única de presenciar waterpolo cun certo nivel, posto que os equipos participantes contan con xogadores que, aínda que todavía mozos, xa están acostumados a asumir responsabilidades nos equipos que participan na liga galega absoluta. Por este motivo, gostaríanos que, dentro do posible, animaradades aos vosos coñecidos a asistir aos partidos, posto que sabemos que a experiencia non lles vai defraudar.
Como aliciente adicinal, a xornada compleméntase coa disputa da Supercopa Galega Feminina, coa participación dos dous clubes galegos que contan con equipo feminino absoluto.
O horario dos partidos previstos é:
Pola mañá:
10:30 h. 1ª semifinal: CW SANTIAGO – RCN DE VIGO
12:00 h. 2ª semifinal: CW GALAICO PONTEVEDRA – CN CORUÑA
Pola tarde:
15:30 h. 3º e 4 º puesto
17:00 h. Supercopa Galega Feminina: CW GALAICO PONTEVEDRA – CN CORUÑA
18:30 h. Final Campionato Galego Xuvenil.
Por suposto, a asistencia a tódolos encontros é de balde.