Lembrade que a participación no clube ten dúas posibles modalidades:
como deportista e como socio.
Ambalas dúas modalidades teñen cotas diferenciadas: os deportistas unha cota mensual e os socios unha cota anual.
No momento da alta cúrsanse dúas solicitudes: unha para ingreso como deportista e outra para alta como socio (esta segunda pode non ser necesaria, se xa hai outro familiar dado de alta como socio). Polo tanto, e lóxicamente, cando se produce a baixa, débese indicar se a mesma é para a condición de deportista, para a condición de socio ou para ámbalas dúas.
Préstade, por favor, atención a esta circunstancia, posto que está acarrexando moitos problemas de interpretación.
Boas noites, Despois de leer esta aclaracion entroume a dubida de se cando dei de baixa ao meu fillo (Carlos Bouzas Cruz) como deportista, tamén me destes a min de baixa(Angelines Cruz Landeira) como socia. Se non foi así, solicito agora a baixa de ambolos dous. Moitas grazas, Angelines Cruz