Xornada maratoniana neste pasado sábado con catro partidos contra CWS Pontevedra, con resultados desfavorables pero con momentos de bo xogo dos nosos equipos, sobre todo nas categorías inferiores.
Comenzou a xornada cun encontro entre os equipos máis pequenos dos dous cubs, a categoría benxamín onde nun partido bastante igualado, os xogadores do Pontevedra escapáronse no último cuarto cun parcial de catro a un, que lle deu a victoria por un claro nove a dous. E aínda que o resultado foi desfavorable, os nosos pequenos realizaron fases de encontro realmente espectaculares. Gran futuro para os nosos pequerrechos. Se seguen traballando deste xeito acabarán sendo grandes xogadores.
LIGA GALEGA BENXAMÍN
CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA 2-9 (0-1; 1-2; 0-2; 1-4)
CW SANTIAGO: Roberto Carro, Nerea Carrillo (1), Anxo Panero, Fernando Ferrer (1), Daniel Ferreira, Sabela Ferreira.
O seguinte equipo en entrar á auga foron os alevíns. Formouse un equipo con gran parte dos xogadores da categoría benxamín, debido ás baixas dalgúns dos xogadores desta categoría. Fixeron un gran traballo, aínda que o segundo cuarto os condenou a un resultado moito máis abultado do que demostra o partido, o cal reflicte a gran melloría partido a partido e que tarde ou cedo dará o seu froito.
LIGA GALEGA ALEVÍN
CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA 7-12 (2-1; 0-4; 3-2; 0-2; 0-1; 2-2)
CW SANTIAGO: Roberto Carro, Luis Guilbert (3), Santiago Esturao, Daniel Ferreira, Fernando Ferrer, Alex Gómez (4), Nerea Carrillo, Anxo Pazos, Anxo Panero
O terceiro partido da tarde foi disputado polos equipos infantís, cun resultado moi claro ante o mellor equipo da categoría con diferenza. Nada se puido facer para parar o vendaval pontevedrés, aínda dando o máximo para que iso non acontecese. Ánimo rapaces! Estámolo facendo ben, con traballo todo chega.
LIGA GALEGA INFANTIL
CW SANTIIAGO – CWG PONTEVEDRA 2 – 24 (0-5; 1-2; 0-6; 0-2; 0-5; 1-1; 0-3)
CW SANTIAGO: Alex Gómez (1), Luis Guilbert, Gabor Pazos (1), Rosalía Rey, Paulo Junquera, Esteban Carrillo, Damián Antelo, Antonio Moscoso, Manuel Cebey.
O último partido en disputarse foi entre o campión e o subcampión galego da tempada anterior. Un partido que podía decidir moitas cousas e que ao final concluíu cun empate a dez, reflexo da grande igualdade dos dous equipos. Os dous equipos fixeron vans intentos por escaparse no marcador (Pontevedra no primeiro cuarto e Santiago no terceiro), mais nunca foi superior a dous goles xa que ambos os dous equipos conseguiron contrarrestar a avantaxe, para rematar cun xusto empate a dez, despois de fases de gran xogo.
Isto demostra a grande igualdade entre os tres primeiros equipos da liga galega (xunto con Natación Coruña) o cal dá moita emoción ante os Play Off finais da liga.
LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISIÓN
CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA 10 – 10 (3-4; 2-1; 3-1; 2-4)
CW SANTIAGO: David Raposo, Alberto Cabrera, Luis Ferrer, Fernando Mayer, Héctor Taboada, Pablo Piñeiro (5), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (3), Miguel Fernández, Angel Carro, Pablo Pieroni, Adrian Campaña (1), Carlos Viaño.