Hola a tod@s:
Por mor da Semana Santa, as nosas previsións inicias virónse lixeiramente trastocadas. O feito é que a cotas de socios (23 €) do ano 2014 pásanse ao banco hoxe día 2 de maio, co cal o normal e que se vos cargue na vosa conta corrente o vindeiro día 6 de maio.
As cotas mensuais do mes de maio pasaránse o día 6 de maio ao banco, co cal o normal é que figuren na vosa conta o día 8.
Recibide as nosas disculpas anticipadas polos trastornos que vos poida ocasionar esta situación e non dubidedes en contactar con nós se detectades calquer problema relacionado.
A Xunta Directiva.