Noso equipo cadete conseguiu un amargo empate a 9, nun partido no que sempre foron por diante no marcador e que a falta dun minuto para o final os ferrolanos conseguiron empatar. Aaínda houbo opción a falta de cinco segundos para finalizar o partido de poder ter resolto o mesmo, pero a xogada final non chegou a materializarse. Bo partido dos nosos xogadores defensivamente, traballando con grande intensidade e correcto en ataque, o cal deu o primeiro punto da tempada.
LIGA GALEGA CADETE
CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO 9 – 9 (2-3; 3-3; 1-1; 3-2)
CW SANTIAGO: Javi Romaris, Gabor Pazos, Rodrigo Varela, Otto Gothlin, Paulo Junquera, Uxia Taboada (1), Rosalía Rey, Esteban Carrillo, Alex Gómez (2), Manuel Cebey (3), Xoaquin Gendra (1), Bruno Sampaño (2), Antón Gendra