Sr./Sra. Asociado/a:
En virtude do disposto no artigo 18 dos Estatutos do Club Waterpolo Santiago, a presidenta do CW Santiago, convoca a Asamblea Xeral Extraordinaria, que se celebrará na sala de prensa do Multiusos Fontes do Sar, o xoves 11 de febreiro de 2016, ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 horas en segunda convocatoria, co seguinte:
ORDE DO DÍA
Primeiro: Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 18 de xuño de 2015.
Segundo: Presentación e aprobación, se procede, das contas anuais do exercicio 2015.
Terceiro: Convocatoria de eleccións ao cargo de Presidente do Club Waterpolo Santiago e constitución da nova xunta directiva.
Cuarto: Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2016.
A Presidenta
Asdo.: Cristina Yánez Vázquez