Tamén os nosos infantís conseguiron unha cómoda vitoria ante o Ourense por un claro 23 a 2, nun partido no que todos os nosos xogadores tiveron minutos ante o colista da liga. Foi un partido onde varios dos nosos xogadores, alevíns e benxamins, fixeron o seu debut como xogadores de categoría superior. Felicitar a CWP Ourense despois de iniciar este ano as categorías inferiores polo seu gran traballo e progresión.
LIGA GALEGA INFANTIL
CW SANTIAGO – CWP OURENSE 23 – 2 (6-0; 5-0; 3-0; 4-1; 2-0; 3-1)
CW SANTIAGO: Alex Gómez, Luis Guilbert (2), Santi Esturao (1), Fernando Ferrer, Iago Garabato (2), Natalia Vieites (2), Rebeca Gothlin (3), Jorge Gómez (2), Miguel Barca (3), Anxo Panero (2), Samuel González (3), Roberto Carro (2).