TRES VITORIAS E DÚAS DERROTAS CONTRA ACW
Este pasado fin de semana, disputouse unha dobre xornada, das ligas galegas de waterpolo. Con enfrontamentos ante ACW. O sábado tocoulles aos alevíns e cadetes femininas, con dúas derrotas nos dous partidos disputados.
LIGA GALLEGA ALEVIN
O primeiro en disputarse foi en categoría alevín, onde os nosos mozos xogaron de ti a ti aos coruñeses. Pero o maior potencial físico deu a vitoria aos xogadores herculinos: por un resultado de dez a catro máis avultado do que se viu na auga, aínda que xusto vencedor.
CW SANTIAGO – ACW 4 – 10 (0-0; 1-1; 0-2; 0-3; 2-3; 1-1)
CW SANTIAGO: Roberto Carro (1), Saray Guilbert, Antonio Lence, Gabriel Lesende, Fernando Ferrer (2), Samuel González (1), Uxia Sanluis, Anxo Panero, Mauro Rodríguez.
LIGA GALLEGA CADETE FEMENINA
O segundo e último partido do sábado, foi o que enfrontaba a ambos os equipos. En categoría cadete feminina, partido moi igualado en todo momento, e que non foi ata mediado do último cuarto que as xogadoras coruñesas, deron o estirón definitivo levándose a vitoria, por doce goles a oito. Destacar a gran progresión das nosas xogadoras, que a pesar de ser o primeiro ano de competición, cada vez está máis preto do resto de equipos da categoría.
CW SANTIAGO – ACW 8-12 (1-1; 1-1; 2-4; 1-2; 1-1; 2-3)
CW SANTIAGO: Rebeca Gothlin, Saray Guilbert, Martina Couceiro, Laura Sanluis (2), Rosalia Rey (6), Uxia Sanluis, Natalia Vieites.
O domingo foron os santiagueses os que se desprazaron a Coruña para disputar tres encontros contra o mesmo equipo co ánimo de resarcirse das derrotas do sábado.
LIGA GALLEGA INFANTIL
Os primeiros en entrar en xogo foron os nosos infantís e a pesar de que empezaron con pouca puntería non tiveron problemas para derrotar aos coruñeses por un claro tres a quince nun partido plácido e que serviu para que todos os nosos xogadores tivesen minutos e gozasen dun bo partido.
ACW – CW SANTIAGO 3-15 (0-4; 0-2; 0-5; 2-1; 0-1; 1-2)
CW SANTIAGO: Iago Garabato, Luis Guilbert (6), Santi Esturao, Fernando Ferrer (1), Alex Gómez (7), Natalia Vieites, Rebeca Gothlin, Jorge Gómez (1), Antonio Mallo, Anxo Panero, Samuel González, Roberto Carro.
LIGA GALLEGA CADETE
O segundo partido da mañá foi en categoría cadete, tamén moi similar ao infantil, un partido cun comezo baixo dos santiagueses de fronte ao gol, pero gran partido defensivo mantendo a portería a cero durante todo o partido e que a partir do segundo cuarto con máis puntería fixo que o resultado final fose de quince a tres.
ACW – CW SANTIAGO 0-13 (0-1; 0-4; 0-3; 0-5)
CW SANTIAGO: Martín Torreira, Luis Guilbert, Robert Vieiro (1), Gabor Pazos (1), Rosalia Rey (3), Alex Gómez (7), Iván Vieites, Damián Antelo, Jorge Gómez, Antonio Moscoso, Pablo Chico, Jorge Rodríguez, Iago Garabato.
LIGA GALLEGA ABSOLUTA 2ª DIVISIÓN
O último encontro en disputarse foi o de categoría absoluta de segunda división, onde nosos máis novos fixeron un gran partido e levaron a vitoria por dezaoito a dez ante un equipo fisicamente superior pero que non puideron coa intensidade dos nosos.
ACW – CW SANTIAGO 10 – 18 (3-4; 3-5; 2-5; 2-4)
CW SANTIAGO: Antón Gendra, Miguel Fernandez (3), Jorge Lareu (1), Gabor Pazos, Rosalia Rey, Alex Gómez (3), Roberto Vieiro, Jesús Montoiro (4), Jorge Rodríguez (1), Xoaquín Gendra (1), Bruno Sampaño (5), Javi Romaris.