VICTORIA ABSOLUTA ANTE O GALAICO PONTEVEDRA

Logo ranaCRONICA PARTIDO CWSANTIAGO vs CWGPONTEVEDRA

 

O CW Santiago conseguiu este pasado sábado unha importante vitoria ante o CWG Pontevedra  na  derradeira xornada da fase regular da liga Galega Absoluta de primeira división que lles dá moral para a semifinal do play off na que se enfrontaran de novo dentro de menos dun mes.  Partido moi igualado desde o principio ata o final que se decidiu no último cuarto, gañado polos locais por dous a un, e que deu a vitoria final por dez goles a nove despois de que nos tres primeiros cuartos houbese igualdade absoluta. Empezaron mandando os visitantes cun inicio fulgurante, xa que aos dous minutos de encontro o resultado era de cero a dous;  a partir dese momento os locais axustaron a defensa, pero o primeiro cuarto rematou favorable aos de lerez aínda un gol por diante. Un segundo cuarto moi bo defensivamente dos santiagueses enviou o partido ao descanso cun gol arriba dos locais seis a cinco. Terceiro cuarto igualado e onde os xogadores visitantes conseguiron igualar o encontro a oito despois de remontar unha desvantaxe de dous goles que propiciou que se entrase no último cuarto con empate a oito, onde se decidiu o partido cun dous a un para os locais que lles deu a vitoria final por dez goles a nove.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION

CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA  10 – 9 (3-4; 3-1; 2-3; 2-1)

CWSANTIAGO: Adrian García, Miguel Fernández, Ramón Turnes, Bruno Sampaño, Alejandro Padilla (1), Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo (2), Antonio Caamaño (2), Pablo Suarez (1), Angel Carro (1), Luis Ferrer, Jesus Montoiro, Miguel Barca.

CLARA DERROTA SANTIAGUESA NO DUELO DE 2ª

Anterior ao partido de primeira, disputouse o partido de 2ª división entre os equipos “B”, onde os xogadores pontevedreses dominaron de maneira clara e sen ningún tipo de problema a un equipo local onde máis da metade dos xogadores son cadetes,  e aínda que loitaron por realizar un bo partido, o maior poderío físico e intensidade dos visitantes lideres invictos deulles a vitoria por un claro dous a vinte. Seguir traballando e acadar os obxectivos é o traballo deste xoven equipo que pouquiño a pouco continua co seu traballo.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION

CW SANTIAGO “B”– CWG PONTEVEDRA “B”   2 – 20 (0-6; 1-3; 0-4; 1-7)

CW SANTIAGO: Antón Gendra, Miguel Fernandez (1), Jorge Lareu, Gabor Pazos (1), Rosalia Rey, Alex Gómez, Álvaro Rodríguez, Jesus Montoiro, Roberto Vieiro, Jorge Rodríguez, Xoaquin Gendra, Bruno Sampaño, Javi Romaris.

DERROTA CADETE CON BOAS SENSACIÓNS

O primeiro partido do sábado foi o enfrontamento cadete, como o resto de equipos do noso club ante CWG Pontevedra campión xa da liga cadete. Partido que os de lerez xogaron co equipo cadete da próxima tempada, o que propicio que fose un choque igualado e emocionante ata o final acabando con vitoria visitante por dez a once. Dous equipos moi novos coa maioría de xogadores de primeiro ano cadete e mesmo con xogadores en categoría infantil e que os santiagués puideron empatar no último segundo do encontro pero o derradeiro lanzamento atallouno o o porteiro visitante.

LIGA GALEGA CADETE

CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA  10-11 (2-4; 3-3; 1-1; 4-3)

CW SANTIAGO: Martín Torreira, Luis Guilbert, Roberto Vieiro (1), Gabor Pazos (5), Rosalía Rey (1), Alex Gómez (2), Iván Vieites, Paulo Junquera, Jorge Gómez, Antonio Moscoso, Damián Antelo (1), Jorge Rodríguez.

 patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s