9º POSTO NO II TORNEO WP-CAMP GETXO INFANTIL
Do 24 ao 27 de marzo os nosos xogadores infantís desprazáronse a Getxo para participar no II Torneo WP-CAMP coa participación de equipos cataláns, vascos, Aragón e Galicia.
Empezaron o torneo encadrados no grupo verde xunto con:
CN Coruña
CN Catalunya
Askartza
Atletic-Barceloneta Feminino e
Bidasoa XXI
perdendo por oito goles a catro ante CN Coruña, trece a tres contra CN Catalunya, dez a dous con Askartza, dez a dous ante Bidasoa XXI e obtendo unha vitoria ante Atletic-Barceloneta feminino por sete goles a catro, pero dando unha boa imaxe en todos os partidos e loitando cada un deles. Con estes resultados xogaron os postos do 9º ao 12º, onde acadaron unha cómoda vitoria ante o último clasificado do grupo amarelo Sestao ao que venceron por dez goles a cinco, o que lle deu o pase para xogar o noveno e décimo posto outra vez ante as mozas do Atletic-Barceloneta vencedoras do outro cruzamento e ás que derrotaron esta vez de forma moito máis clara por nove goles a dous acadando esa novena praza final dos doce participantes.
Gran experiencia para os nosos mozos que partido a partido foron mellorando e esperemos que sexa a primeira das moitas participacións que teñan neste torneo.
RESULTADOS II TORNEO WP-GETXO INFANTIL
GRUPO VERDE
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 4-8
CN CATALUNYA – CW SANTIAGO 13-3
CW SANTIAGO – ASKARTZA 2-10
CW SANTIAGO – CN ATLETIC BARCELONETA FEM. 7-4
BIDASOA XXI – CW SANTIAGO 10- 2
POSTOS 9º A 12º
CW SANTIAGO – SESTAO 10-5
CN ATLETIC-BARCELONETA – CW SANTIAGO 2-9
CLASIFICACION FINAL 9º POSTO.
CW SANTIAGO: Iago Garabato, Luis Guilbert, Santiago Esturao, Oscar Álvarez, Martin Zas, Alejandro Gómez, Natalia Vieites, Rebeca Gothlin, Jorge Gómez, Antonio Mallo e Roberto Carro.