VITORIA ALEVIN E DERROTAS INFANTIL E BENJAMIN ANTE CW PONTEVEDRA
Unha vitoria en alevín e dúas derrotas en benxamín e infantil son os resultados obtidos polos nosos deportistas na penúltima xornada da tempada nas piscinas de Sta. Isabel este pasado sábado ante CW Pontevedra.
Comezou a xornada co partido dos máis pequenos a categoría benxamín, un encontro onde melloraron moito a actividade defensiva a diferenza do partido de ida, pero a falta de gol de nosos peques errando ocasións claras de gol deu un resultado de cero a sete, que si estivesen máis acertados deixaría o resultado moito máis igualado. Destacar de todos os xeitos as ganas e ilusión dos nosos xogadores que cada día están máis preto dos seus obxectivos.
LIGA GALLEGA BENXAMIN
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 0-7 (0-3; 0-0; 0-2; 0-2)
CW SANTIAGO: Mateo Lamas, Saray Guilbert, Miguel Palacios, Uxia Sanluis, Xose Moscoso, Magín López, Guillermo Carrillo, Miguel Barca.
O segundo partido en disputarse foi en categoría alevín, onde se enfrontaban ao equipo “B” de Pontevedra e que durante os primeiros cinco cuartos estivo moi igualado grazas á actividade defensiva dos dous equipos e non foi ata o último cuarto onde os locais foron distanciándose grazas a un parcial de tres a cero que lles deu a vitoria por un resultado final de cinco goles a un.
LIGA GALLEGA ALEVIN
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA “B” 5-1 (1-0; 0-1; 1-0; 0-0; 0-0; 3-0)
CW SANTIAGO: Roberto Carro (2), Saray Guilbert, Antonio García, Gabriel Lesende, Fernando Ferrer (1), Uxia Sanluis, Mauro Rodríguez (1), Samuel González, Anxo Panero (1), Martin Zas
O derradeiro partido en disputarse foi en categoría infantil onde o enfrontamento foi ante CW PONTEVEDRA “A” e onde os nosos xogadores cun partido moi serio en defensa e pausa e efectividade en ataque conseguiron poñer en aprietos aos pontevedreses que soamente no cuarto final acadaron despegarse no marcador para acabar vencendo por sete goles a nove.
LIGA GALLEGA INFANTIL
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA “A” 7-9 (1-1; 1-2; 1-1; 2-2; 1-2; 1-1)
CW SANTIAGO; Iago Garabato, Luis Guilbert (1), Santiago Esturao, Oscar Álvarez, Fernando Ferrer (2), Alejandro Gómez (4), Natalia Vieites, Samuel González, Martin Zas, Anxo Panero, Roberto Carro.