DOBRE VITORIA E UNHA DERROTA EN FERROL
Nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago, esta vez en desprazamento a Ferrol onde se disputaron tres partidos, con dúas vitorias (absoluto de 1º división e absoluto de 2ª división) e unha derrota (infantil mixto) cunha moi boa imaxe dos tres equipos.
A xornada comezou coa disputa do partido de 1ª división, con vitoria clara por once goles a cinco dos santiagueses despois dun partido moi serio en defensa (no primeiros tres cuartos só recibiron dous goles), e aínda que en ataque non estiveron finos, a maior calidade individual deulles unha vitoria traballada pero moi importante para a moral do equipo, que tivo varios xogadores cadetes que debutaron por primeira vez.
LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
CM FERROL – CW SANTIAGO 5-11 (1-2; 1-3; 0-2; 3-4)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, MIGUEL FERNANDEZ, DAMIAN ANTELO, GABOR PAZOS, LUIS FERRER (2), ALEJANDRO GOMEZ (1), BRAIS RAPOSO (2), ANTONIO CAAMAÑO, JESUS MONTOIRO, MIGUEL BARCA (1), BRUNO SAMPAÑO (2), ADRIAN CAMPAÑA (3), JAVIER ROMARIS
Derrota no seguinte partido disputado por ambos os dous equipos, categoría infantil partido que se prevía cómodo para os locais (segundos na clasificación), pero a gran defensa dos santiagués durante todo o encontro, e o acerto en ataque nos tres primeiros cuartos fixeron poñerse por diante aos visitantes cun cero a dous, que ao final puideron remontar os locais pese ao gran partido realizado por todos os xogadores visitantes, que unha vez máis demostraron que están a traballar ao cento por cento cada día.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
CM FERROL – CW SANTIAGO 4 – 2 (0-0; 0-1; 0-1; 1-0; 2-0; 1-0)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT, SANTI ESTURAO, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER (2), GABRIEL LESENDE, REBECA GOTHLIN, ANTONIO MALLO, ANXO PANERO, ROBERTO CARRO
O último partido en disputarse foi o absoluto de segunda división, nun encontro que de inicio dominaron os locais que se escaparon no marcador cun inquietante tres a cero nos catro minutos, pero a partir de aí os santiagueses conseguiron axustar a súa defensa logrando remontar poñéndose por diante no marcador a finais do segundo cuarto e nun bo terceiro cuarto distanciarse no marcador para aguantar comodamente no último cuarto. Vitoria importante que mantén aos visitantes en segunda posición na clasificación e con opcións de loitar polo título.